A reapertura do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, referente de actividades e atención ao veciño na zona urbana, é inminente. O Concello de Culleredo ultima os traballos de remodelación e tramita agora a contratación da dotación de mobiliario para as oficinas municipais.
A asociación cultural Bonsái Coruña e o Concello de Culleredo organizan este mes unha nova edición dos talleres de coidado de bonsáis. Celebraranse na Aula de Natureza do Burgo este domingo 13 (primeira edición) e o domingo 20 de marzo (segunda edición).
O Concello de Culleredo lanza unha nova edición dos seus campamentos urbanos de primavera, unha alternativa de lecer educativo para os días non lectivos da próxima Semana Santa.
O Concello organiza no mes de marzo, na Biblioteca Municipal, sita en Vilaboa, diversas actividades pensadas especialmente para traballar os hábitos de lectura cos máis pequenos do municipio.
O Concello de Culleredo deseñou unha variada programación de Entroido, con opcións para nenos e maiores, e residentes na zona urbana ou rural, como festexo arraigado que está no municipio
O Concello organiza no mes de xaneiro, na Biblioteca Municipal, sita en Vilaboa, diversas actividades pensadas especialmente para traballar os hábitos de lectura cos máis pequenos do municipio.
Serán no Conservatorio Municipal con entrada libre e gratuita. A primeira será o martes 22 e a segunda o 29. Ambas as dúas comezarán ás 19:30 horas.
O Concello de Culleredo ofrece unha alternativa de lecer infantil durante as vacacións escolares de Nadal. O Burgo acollerá un campamento urbano do 21 de decembro ao 5 de xaneiro, agás fins de semana, festivos e 24 e 31, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
O grupo cullerdense Teatro do Atlántico cumpre 30 anos e os celebra representando a obra "O principio de Arquímedes". Será o venres, 27 de novembro, ás 20:30 horas no Conservatorio Municipal.
O Concello de Culleredo levará ao municipio o coñecido Reto Quimions. É un proxecto que consiste na elaboración de fundas con debuxos infantís para cubrir as bolsas de fármacos que precisan nenos e nenas sometidos a tratamentos de oncoloxía.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER