O venres 4 de xaneiro a campaña de dinamización levada a cabo polo Concello de Culleredo e a Asociación de Comerciantes de Culleredo chega ao seu remate con varias actividades. Na praza de Europa celebrarase un torneo de baloncesto 3x3 a partir das 10.00 horas. En Fonteculler, pola tarde, terán lugar torneos de videoxogos, chocolatada e sorteo da terceira cesta de Nadal.
As Rutas Barítimas do Concello de Culleredo comezan o xoves 20, en Rutis, que abrangue os núcleos de Vilaboa, A Corveira, O Portádego ou Fonteculler. O 28 chegaralle a quenda ao Burgo. Por 1,90 euros obterase unha tapa máis un viño o unha caña. Con cada consumición darase un tícket para participar no sorteo dunha tablet.
O Concello de Culleredo instalou elementos de iluminación de Nadal nas rúas do municipio, que funcionarán do 7 de decembro ao 6 de xaneiro entre as 18:30 e a 2:00 horas, co obxecto dun maior control e aforro enerxético. Os elementos decorativos de iluminación están subvencionados pola Deputación da Coruña.
O Concello de Culleredo, coa colaboración de Autoescola San Martín, celebra este fin de semana (días 15 e 16 de decembro) no Burgo dúas actividades en paralelo relacionadas coa seguridade viaria. Por unha banda, terá lugar un curso de condución segura para mozas de 18 a 30 anos, e polo outro, un parque infantil de educación viaria. A este parque están convidados a cudir todos os nenos até os 14 anos provistos das súas bicis, patíns e outros accesorios deportivos.
O Concello de Culleredo, xunto coa Asociación de Comerciantes de Culleredo, levarán a cabo unha ampla campaña de Nadal coas miras postas na dinamización tanto do sector comercial coma do hostaleiro. Obradoiros de adornos, bisutería creativa, gastronomía, reciclaxe, agasallos, galletas, e torneos de videconsolas, competicións de baloncestos, parque de educación vial, e a tradicional cabalgata serán algunhas das iniciativas para dinamizar Culleredo. No sector hostaleiro, o Concello creará as chamadas Rutas Barítimas.
O comercio de Culleredo únese para dinamizar a súa actividade. A asociación de Comercio de Culleredo, en colaboración coa Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego, organiza un mercado de oportunidades aberto para tódolos negocios do municipio, no que participarán uns 35.
Casa do Concello.
Rúa do Concello, nº 12. 15189. Culleredo.
Teléfono: 981677777. Extensións: 1057 e 1138
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER