O Concello de Culleredo acaba de poñer en marcha a iluminación especial do Nadal. O obxectivo da mesma é crear un ambiente festivo que dinamice o concello desde o punto de vista comercial, hosteleiro e turístico.
O goberno de Culleredo deseña unha potente programación do Nadal para impulsar o comercio local. O groso da campaña desenvolverase nas dúas semanas propias do Nadal, con talleres de diversa clase e animación comercial.
O Concello organiza este mes de novembro, entre o 24 e 28, un curso de escaparatismo destinado aos comercios e perruquerías do municipio. O obxectivo consistirá en preparar aos comerciantes para deseñar o seu escaparate de acordo coas características da época.
O Concello acaba de asinar un convenio de colaboración coa Escola Universitaria de Turismo do Centro Español de Novas Profesións, adscrita á Universidade da Coruña.. O obxectivo do acordo consiste en que alumnos de Turismo poidan desenvolver as súas prácticas de estudo no departamento de Promoción Económica e Turismo do Concello.
A Feira de Reciclaxe regresa ao Burgo tras os bos resultados logrados na súa primeira edición, que tivo lugar o pasado mes de maio. Levarase a cabo este domingo, 31 de agosto, no recinto multiusos do paseo marítimo. O horario de apertura comprenderá entre as 10.30 e as 20.00 horas.
O Burgo prepárase para acoller o venres, 18 de xullo, a súa propia Noite Branca, unha iniciativa do Concello de Culleredo e da Asociación de Comerciantes de Culleredo para incentivar a chegada de clientes ao comercio local. O goberno municipal e os comerciantes pecharon un amplo programa da que promete ser unha gran noite de compras e de animación nas rúas.
O ambiente clown chega a Vilaboa en paralelo ás súas festas patronais. O Concello de Culleredo e a comisión de festas organizan o Mercado Clown no pazo de Vila Melania, para ofrecer un espazo de diversión familiar que complemente aos festexos de Vilaboa. Estará instalado desde as 17.00 horas do venres 11 nos xardíns de Vila Melania.
Culleredo regresará desde hoxe, venres 4, e ata o domingo 6, á Idade Media. O Burgo lembrará o seu pasado templario co Mercado Medieval que encherá o paseo marítimo dunha infinidade de personaxes da época.
Co obxectivo de promover a reciclaxe e a reutilización celébrase este sábado, 24 de maio, a Feira de Reciclaxe no Burgo, no recinto multiusos do paseo marítimo. Uns 60 postos, de particulares ou asociacións, conformarán o evento, que se desenvolverá entre as 11.00 e as 21.00 horas.
O Concello de Culleredo participa o mércores 26 de febreiro na xornada "Oportunidades dos productos locais para o emprendemento no sector agroalimentario", que celebra a reserva de biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, da que forma parte. A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, moderará unha das mesas de debate do evento.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER