Promoción Económica

Un novo directorio online para coñecer o comercio e hostalaría de Culleredo

O Concello de Culleredo estrea unha guía online para dar visibilidade ao sector do comercio, servizos e hostalaría do municipio. O obxectivo é facilitar á cidadanía a información do variado tecido económico local para incentivar as compras de proximidade, cuestión esencial especialmente polos efectos da pandemia.

Lista de establecementos comerciais abertos no estado de alarma

O Concello de Culleredo publica a lista de establecementos comerciais abertos no municipio durante o estado de alarma. A iniciativa serve para iniciar a campaña Nós quedamos contigo que realiza o goberno local para respaldar a autónomos e pemes do concello.

Suspensión do feirón do 12 de abril

O Concello de Culleredo informa de que o feirón do12 de abril  non se vai a poder realizar polas medidas extraordinarias que se están implantando polo COVID-19.
 
Suspéndese seguindo as instruccións da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, pola que se prohibe a realización de mercados tradicionais con venda directa de productos agrícolas e gandeiros, mentres dure o estado de alarma.

O servizo de aluguer de bicicletas, en marcha ata o 15 de outubro

O Concello de Culleredo ten en marcha desde a semana pasada o seu servizo de aluguer de bicicletas. Ata o próximo 15 de outubro, os veciños e visitantes poderán tomar prestada unha das bicicletas para percorrer o municipio aproveitando os grandes espazos existentes.

Culleredo concede 88.000 euros en subvencións para asociacións sen ánimo de lucro do municipio

O Concello de Culleredo acaba de resolver a convocatoria de subvencións municipais a asociacións sen ánimo de lucro. O goberno local concede axudas nesta ocasión ás 52 entidades beneficiarias por un montante de 88.793,26 euros, a cargo do orzamento municipal.
 
 

O Concello de Culleredo organiza dúas edicións do curso de micoloxía

O Concello organiza dúas quenda dos Cursos de Micoloxía, que alcanzan a XXIII edición. A inscrición estará aberta do 2 ao 6 de outubro. 

O Gran Feirón encherá Villa Melania de cativos o sábado e domingo

O sábado 8 e domingo 9 de xullo as cativas e cativos de Vilaboa e de toda a comarca teñen unha magnífica oportunidade para divertirse e aprender da man de todas as actividades que se organizan no Gran Feirón de Villa Melania.

O Mercado Templario enchará o paseo do Burgo do venres ao luns

O Concello de Culleredo regresa ao pasado templario do Burgo (O Burgo de Faro) desde mañá venres 30 ata o domingo 2. O paseo marítimo volverá empaparse dun ambiente de época a través do Mercado Templario, que volve cuns 90 postos e unha infinidade de personaxes do Medievo.

Culleredo celebra unha xornada informativa para empresas e entidades interesadas nas axudas do Golfo Ártabro Sur

O Concello de Culleredo, como compoñente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur", convoca a empresas e entidades interesadas en optar a estas axudas a unha reunión que terá lugar o martes 21 de febreiro ás 18.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples.

Participación como figurante na Cabalgata de Reis

Os veciños que queiran participar na próxima Cabalgata de Reis como figurantes poderán inscribirse a partir do mercores dia 21  ata o martes 27 de decembro 2016 chamando o teléfono 981912120 en horario de 10.00 a 13.00 da maña.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina