Alcaldía

Fondo pesar polo falecemento do pintor Tim Behrens

O Concello de Culleredo amosa o seu fondo pesar polo falecemento no día de hoxe de Tim Behrens, pintor inglés que tivo moita relación con Culleredo.

O Concello propón a adxudicación do novo aparcamento do Portádego en 107.000 euros

O Concello de Culleredo acaba de celebrar a reunión da Mesa de Contratación na que se propuxo a adxudicación da construción dun aparcadoiro xunto ao centro de saúde do Portádego por 107.000,88 euros.

O goberno local e a Marea Veciñal alcanzan un acordo co emprego, servizos sociais e investimentos como liñas principais

O grupo de goberno socialista e o grupo de Marea Veciñal de Culleredo alcanzaron un acordo para desenvolver un traballo conxunto en favor do interese xeral dos veciños do municipio, incluíndo a aprobación dos orzamentos municipais para 2017, o plan POS financiado pola Deputación da Coruña, e as actuacións da estratexia DUSI dotada con fondos europeos. 

Fomento denega a senda verde entre Orro e Boedo porque quere repoñer a vía do tren

Os plans de Fomento de repoñer a antiga vía do ferrocarril para conectar Meirama co Porto Exterior fan inviable o proxecto de vía verde que pretendía o Concello de Culleredo. Por outro lado, o ADIF si que ve con bos ollos o cubrimento da vía no Burgo, proposta presentada polo alcalde de Culleredo, Julio Sacristán.

O Concello contrata a creación do carril bici metropolitano

A creación do carril bici metropolitano dá un novo paso en Culleredo coa licitación dos traballos. O Concello abre o proceso de contratación, cun orzamento de 257.389,55 euros, que financia a Deputación da Coruña.

Finalizados os traballos de acondicionamento da praza Castelao

A praza Daniel Rodríguez Castelao, en Fonteculler, presenta unha nova imaxe. O Concello de Culleredo acaba de concluír as obras de renovación do punto, que se centraron nos principais elementos do espazo urbano, que concentra numerosas vivendas.

O Concello contrata a reparación do paseo do Trabe xunto ao campo de fútbol

O Concello de Culleredo dá un paso máis para a recuperación do paseo do Río Trabe na contorna do campo de fútbol do Burgo ao contratar as obras, asumindo a reparación dos vicios ocultos cos que naceu este tramo de 70 metros.

O Concello licita obras no Bosque, Vinseira Grande e na pista deportiva de Castelo

O Concello de Culleredo continua mellorando os servizos públicos básicos atendendo as demandas dos veciños. Neste caso licita a renovación da rede de abastecemento do Bosque e a instalación da rede de saneamento en Vinseira Grande e no polideportivo municipal de Castelo.

O Concello humanizará as rúas Celso Emilio Ferreiro e San Manuel

O Concello de Culleredo cambiará a imaxe de dúas rúas do centro urbano do Burgo para mellorar as súas prestacións aos veciños e  situalas acorde coas xa renovadas na contorna. Licita a obra de humanización das rúas Celso Emilio Ferreiro e San Manuel, en pleno núcleo, xunto á praza de Galicia e a rotonda de Costa da Lonxa.

O alcalde pide á Xunta fondos para renovar as redes de auga e crear unha gran senda fluvial

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, desprazouse a Santiago para manter unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, con obxecto de abordar importantes actuacións de futuro no municipio: modernizar a rede de auga e crear unha senda fluvial polo´s ríos Mero, Valiñas e A Regueira.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina