O auditorio do edificio de Servizos Múltiples do Burgo foi testemuña esta mañá dunha nova actividade do programa EducaCulleredo, impulsado polo Concello de Culleredo e a través do cal pretende complementar o ensino con actividades dinámicas e lúdicas, que permitan ás alumnas e alumnos aprender de maneira divertida.
O Concello de Culleredo fai saber a listaxe de persoas admitidas para matricularse na actividade da Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo.
A Dragona Ramona estará de volta o vindeiro 24 de xaneiro ás 18:30 na biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa, desta vez co conto '999 irmás ras múdanse de charca' de Ken Kimura.
Comunícase que os vindeiros días 24 e 31 de decembro de 2019 as dependencias municipais do Concello de Culleredo permanecerán pechadas salvo o Rexistro Xeral Municipal, sito na Casa Consistorial (Rúa do Concello número 12) que permanecerá aberto ámbolos dous días en horario de 9:00 a 13:00 horas.
O Concello de Culleredo, co fin de fomentar a compra no comercio local, está a facer entrega duns vales desconto para o Circo.
O domingo 22 de decembro terá lugar a celebración da 8ª xornada de liga Conferencia Noroeste, da tempada 2019/2020.
Celebrarase nas sedes das asociacións de veciños ou no lugar que nomee a organización. O mínimo de parellas por sede será 5 e só se poderá participar nunha sede.
Cada sede determinará os sistemas de xogo, así como as normas para a 1ª fase, que deberá finalizar na última semana de marzo de 2020.
No Concello de Culleredo, realizouse unha Campaña contra o Acoso escolar baixo o título "Eu non son cómplice", que se está a levar a cabo entre decembro de 2019 a maio de 2020, nas aulas de 1º ESOº dos centros públicos municipais.
Co fin de elaborar tarefas de mantemento na rede eléctrica, a empresa UFD Distrubición comunicoulle ao Concello de Culleredo que se efectuará un corte no subministro de 3:00 a 7:00 horas o vindeiro 17 de decembro.
Desculpen as molestias.
O sorteo de prazas para a Campaña de Inverno celebrarase o vindeiro 17 de decembro, ás 9:30 horas, na sala de vídeo do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
A Aula de Natureza do Xardín Botánico acollerá do 13 ao 22 de decembro o XLIV Concurso-Exposición Ornitolóxico, impulsado pola Sociedade Coruñesa de Canaricultura.
O venres 20 de decembro terá lugar a Festa de Nadal +65 no Centro Cívico Virxinia Blanco, de Fonteculler.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER