SUSPENDIDAS AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE E PECHADOS PARQUES E XARDÍNS EN CULLEREDO

Por mor do temporal que está a afectar a toda Galicia, quedan suspendidas TODAS as actividades deportivas ao aire libre do Concello de Culleredo.


Pecharase o acceso de parques e xardíns do municipio, por risco de caída de pólas.
Rogamos que extremen as precaucións, e que se dé aviso no 112 se hai rexistrada algunha incidencia.


Grazas.

Os escolares de Culleredo coñecen de primeira man os labores da Policía Local

A Policía Local de Culleredo abriu esta semana as súas portas á comunidade escolar do municipio. Trátase do programa de educación cívica que impulsa o Concello de Culleredo, dentro da súa oferta de actividades complementarias, á que se poden acoller os distintos centros.

Viaxe a Extremadura dentro do programa de Dinamización Comunitaria

O Concello de Culleredo, dentro do programa de Dinamización Comunitaria, organiza unha viaxe a Extremadura entre os días 18 e 22 de novembro. 

III Trofeo Culleredo de Ciclocross

Acea de Ama acolleu hoxe o '3º Trofeo Culleredo' de #Ciclocross, nunha proba que reuniu a máis de 400 participantes, o que supón todo un récord de asistencia desde que se leva organizando esta competición.

Nova edición do 'Curso de Poda e Enxertos' do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo prepara unha nova edición do 'Curso de Poda e Enxertos', para o que a preinscrición estará aberta do 4 ao 8 de novembro, e para o que se necesitaría un mínimo de 10 persoas inscritas.

Gran Festa do Magosto 2019

Vén a Culleredo a vivir a Gran Festa do Magosto 2019, o vindeiro sábado 9 de novembro a partir das 18:00 horas. 

Todo listo para o 3º Trofeo Ciclocross Concello de Culleredo

Culleredo xa se prepara para acoller a celebración do '3º Trofeo de Culleredo', que terá lugar o vindeiro día 1 de novembro no complexo deportivo de Acea de Ama.

Contacontos coa Dragona Ramona 'Daniela Pirata'

O venres 29 de novembro, a Biblioteca Cardeso Liñares será testemuña do contacontos da Dragona Ramona 'Daniela Pirata'.

Obradoiro de Coroas Outonais

O venres 22 de novembro terá lugar un obradoiro de Coroas Outonais, na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa.

Magosto en Culleredo

Celebra o magosto en Culleredo, con esta serie de actividades:

Vive un Samaín arrepiante en Culleredo

Vive un Samaín arrepiante en Culleredo. Estas serán as actividades que nos depararán os vindeiros días, relativas a esta festividade: 

II Nocturna do Xalo

En marcha a II Nocturna do Xalo! Terá lugar o 16 de novembro ás 19:00 horas.

 

'Hoxe toca rir' chega o venres a Culleredo

Este venres, 25 de outubro, chega a Culleredo a obra 'Hoxe toca rir', da man da compañía Teatro Semente.

VI Premio Concepción Arenal

Desde a sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, convócase o VI  Premio Concepción Arenal 2019: proxectos educativos pola igualdade de xénero.

 

Presentación de 'Hei entrar no meu povo: Reivindicarmos Carvalho Calero'

O vindeiro xoves 24 de outubro, a Sala de Vídeo do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo acollerá a presentación de 'Hei entrar no meu povo: Reivindicarmos Carvalho Calero'.

A Asociación 'ALMA' traslada as súas actividades ao Burgo

A Asociación de Culleredo 'ALMA' trasladará as súas actividades á Sala Municipal Celia e Esperanza Brañas, no Burgo. As sesións de apoio á lactancia seguirán celebrándose os primeiros e terceiros venres de mes, en horario de 11:00 a 12:30 horas. 

La Mar de Marionetas trae "Pazzzz" a Culleredo

Dentro do XXIV Festival Internacional de Galicreques 2019 de Culleredo, o 18 de outubro terá lugar a representación da obra "Pazzz", por parte de La Mar de Marionetas. 

III Exposición de Pintura e Debuxo

Ata o 27 de outubro, Culleredo albergará a III Exposición de Pintura e Debuxo da mocidade do municipio. 

Curso de manipulación de cargas con carreta elevadora

O Concello de Culleredo fai saber que está a disposición das persoas interesadas a inscrición para o curso de manipulación de cargas con carreta elevadora, dentro do Plan Municipal de Formación Laboral 2019.

Culleredo recibe aos integrantes da iniciativa ‘El Camino de los valores’

Culleredo recibiu esta mañá aos integrantes da iniciativa ‘El Camino de los valores’, unha iniciativa cuxo obxectivo base é a reinserción de persoas en risco de exclusión social.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina