O xoves 18 de xullo, ás 19:30 horas, a Sala de Actos do Pazo de Vila Melania acollerá a presentación do libro 'Fundido a negro', da autora Teresa Ramiro.
Vilaboa vivirá desde o venres 12 de xullo, e ata o martes 16 do mesmo mes, unha ampla programación das festas patroais que organiza a Comisión de Festas. Espérase a afluencia de miles de persoas de Culleredo e arredores, polo que os festexos contarán cun dispositivo especial de seguridade da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.
O mércores 17 de xullo ás 11:30 horas terá lugar o obradoiro de creatividade para fomentar o espíritu científico.
O sábado día 13 de xullo e o domingo 14 de xullo haberá inchables de auga en Vila Melania e outros xogos tradicionais.
O Concello de Culleredo promove para esta verán, actividades saudables para todos os públicos a través do programa 'Verán Movidiño'.
Despois do éxito da tempada pasada, a UDJ Almeiras repite e organiza no campo de fútbol dos Loureiros, xunto ao polideportivo e ao parque público, un campus de verán para nenos e nenas nacidos entre os anos 2006 e 2015.
Será unha semana de actividades donde o club quere amosar a súa filosofía no fútbol base, unha idea basada nunha metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe de calidade para os nenos e nenas.
Dentro das actividades que se realizarán, terán lugar as de primeiros auxilios, xogos tradicionais, xogos de auga, deportes de raqueta e, ademais do fútbol, os rapaces e rapazas poderán practicar baloncesto, balonmán ou bádminton.
Os prezos oscilan entre os 30 euros para os socios, e os 40 euros para as persoas que non o sexan, cun desconto do 20% a partir do segundo fillo. Está incluída unha equipación deportiva e o seguro de accidentes e responsabilidade civil.
Adxuntamos o arquivo .pdf con toda a documentación.
O día 8 de xullo comeza o obradoiro 'Quero ser youtuber'. Terá lugar os luns, os mércores e os venres, en horario de 11:00 a 13:00 horas no centro cívico Virginia Blanco, de Fonteculler.
Queres anotarte? Adxuntamos o arquivo do formulario nesta nova. Descárgao e entrégao por mail á dirección cipax@culleredo.es, mandar un whatsapp cos teus datos ao número 620 008 450 ou achegarte ao Edificio Municipal Pablo Picasso, en horario de 10:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
Esta actividade prolongarase ata o 19 de xullo.
O xoves 4 de xullo inaugurarase, ás 20:00 horas, a exposición de actividades culturais municipais do curso 2018-2019 na Aula de Natureza "Juan Lembeye", do Xardín Botánico do Burgo.
Poderedes visitala ata o 20 de xullo, de luns a venres en horario de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 11:00 a 13:00 horas pola mañá, e de 18:00 a 21:00 horas pola tarde.
O mércores 3 de xullo terá lugar un obradoiro de globoflexia, ás 11:30 horas na Biblioteca do Burgo.
Para nenas e nenos entre 6 e 12 anos; máis pequenos terán que ir acompañados dun adulto.
Inscripción previa na biblioteca, cun máximo de 25 persoas.
Con motivo do 28 de xuño “día da diversidade sexual”, desde a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña
impúlsase a campaña Liberdade de ser e sentir!, para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.
A Campaña xa comezou e circula polas redes co cancelo #seresentir. A imaxe escollida para esta edición está baseada nunha estética graffiti como elemento
reivindicativo por excelencia, sinónimo de liberdade e libre pensamento, conceptos moi vinculados coa Campaña. O lema “liberdade de ser e sentir!” quere ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas.
Culleredo participa xunto con otros 38 municipios da provincia. Contémplanse dentro da campaña a posta en marcha de accións dirixidas a xerar na sociedade, especialmente na mocidade, valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, co fin de naturalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais e visibilizar á comunidade LGTBQI+.
No marco desta campaña, os días 26 e 27 de xuño desenvolveranse diferentes actividades na cidade da Coruña. Por unha banda, 2 performances a cargo do colectivo Somos Lag. A primeira delas realizarase ás 18.00 horas fronte ao antigo Cine París e a segunda será as 19:00 horas nos xardíns existentes fronte a Autoridade Portuaria. Por outra banda, o 27 de xuño ás 20:00 horas haberá un concerto do grupo The Tetas’ Van no Hall do Teatro Colón.
Os campamentos deportivos 2019 da Deputación da Coruña están destinados a rapazas e rapaces entre 9 e 14 anos, sempre que os cumprisen no presente 2019.
Terán preferencia os rapaces empadroados en Culleredo e aqueles que non tiveran participado en ningunha campaña anterior. A terceira quenda de inscrición vai do 19 ao 26 de xuño, e o número de prazas dispoñibles son 8.
Poderase realizar no rexistro xeral do Concello, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén no rexistro auxiliar do Concello (Edificio de Servizos Múltiples), no mesmo horario, e en calqueira outra rexistro establecido na lei 39/2015, do 1 de outubro.
Para máis información, podedes chamar ao número 981 66 55 97, contactar mediante correo electrónico ao enderezo deportes@culleredo.es ou consultar os directorios www.dicoruna.es e www.culleredo.es.
Este xoves día 20 de xuño ás 19:30 horas terá lugar a reunión coas familias participantes no programa municipal de 'Mañás de campamento 2019'.
O lugar no que se celebrará a xuntanza será o salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples.
José Ramón Rioboo Castro foi investido alcalde do Concello de Culleredo na sesión plenaria que tivo lugar o sábado 15 de xuño de 2019.
O plan do Concello de Culleredo para crear parques cubertos chega á praza das Brañas, en Fonteculler. Trátase do punto neurálxico do núcleo, xunto ao centro social, e o goberno local aposta por cubrilo para incrementar o seu tempo de uso con independencia das inclemencias meteorolóxicas
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER