O Edificio de Servizos Múltiples do Burgo e Villa Melania, en Vilaboa, acollerán a programación infantil de marzo do Concello de Culleredo.
O venres 1 de marzo, ás 20:00 horas na sala de vídeo do Edificio de Servizos Múltiples, será o acto de presentación do libro de Xabier Maceiras, con título "Antoloxía das confidencias de Picadillo".
O Concello de Culleredo organiza unhas charlas informativas respecto aos Programas para a mocidade de Galicia.
Nos distintos centros sociais do Concello de Culleredo, desenvolveranse actividades propias do Entroido.
O luns 4 de marzo, estades todas e todos convidados a celebrar a Romaría de San Blas, en Veiga. Terá lugar a partir das 13:00 horas. Non faltedes!
O sábado 2 de marzo terá lugar a celebración do Entroido de Culleredo. O centro social, cultural e recreativo de Rutis acollerá o evento a partir das 17:00 horas da tarde. Haberá música e animación, coa actuación das Pamisuki.
O sábado 23 de febreiro, en horario de 17:00 a 20:30, o auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo acollerá os "Puntos de encuentro TDAH e Asperger".
O venres 22 de febreiro, ás 20:00 horas, a sala de vídeo do edificio de Servizos Múltiples acollerá a presentación do libro "Xenio indomable. Roberto Nóvoa Santos", de Xosé A. Fraga.
O venres 15 de febreiro, ás 20:00 horas da tarde, terá lugar a inauguración da exposición de María Jesús Silva, na aula de natureza "Juan Lembeye" do xardín botánico do Burgo. Será posible visitala ata o 16 de marzo.
Culleredo priorizará a movilidade veciñal no proxecto do Vial 18 O anteproxecto da infraestrutura atópase exposta ao público e o goberno local estuda a fondo o texto de cara a presentar as alegacións oportunas.
O Concello de Culleredo e a Deputación Provincial da Coruña veñen de firmar dous convenios para propiciar importantes prestacións sociais aos veciños do municipio cullerdense. O alcalde, José Ramón Rioboo, deu conta dos textos no último pleno ordinario do pasado xoves, 31 de xaneiro.
O Concello de Culleredo dá un paso máis en asumir infraestruturas por parte doutras administracións para adecuar o seu mantemento ás necesidades dos veciños dos seus entramados residenciais. O pleno aprobou a proposta do goberno local de solicitar formalmente á Xunta o traspaso da AC-213, que atravesa O Burgo e Almeiras.
O venres 8 de febreiro, ás 20:00 horas na sala de vídeo do edificio de Servizos Múltiiples do Burgo, terá lugar a presentación do libro "El silencio de la verdad sin tiempo", de Andrea R. Machín.
O centro público composto por catro escolas do Concello de Culleredo, para alumnado de Educación Infantil de 3 a 6 anos, abrirá o prazo de solicitude de admisións do 1 ao 20 de marzo de 2019.
Desde o Departamento de Medio Ambiente do Consorcio As Mariñas infórmase que se vai pór en marcha un novo servicio consistente nun Punto Limpo Móbil ao abeiro da modernización do servizo que se está a realizar a partir do próximo 1 de febreiro do presente ano 2019.
Os días 19 e 20 de febreiro realizarase unha viaxe ao Balneario Augas Santas de Pantón, na provincia de Lugo.
De xaneiro a marzo, terá lugar en Culleredo o segundo trimestre dos obradoiros de cociña saudable `Cullerchef´.
As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son os días 8 e 11 de marzo de 2019, en horario de 9:00 a 12:30 horas, nas oficinas municipais de Vilaboa, situadas no Pazo Vila Melania (avda. de Vilaboa, número 44).
O domingo 20 de xaneiro, desde as 10:00 horas ata as 13:30 horas, terá lugar o Xogaeduca no Concello de Culleredo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER