Volve o Mercado Templario a Culleredo

Do 29 de xuño ao 1 de xullo volve ao Paseo Marítimo do Burgo o Mercado Templario do Burgo de Faro.
 

Chega a segunda edición dos obradoiros (re)programArte

Chega a segunda edición de (re)progamArte, un proxecto do Concello de Culleredo dirixido aos mozos e mozas do municipio e destinado a promocionar as súas habilidades artísticas.
 

Bando para o San Xoán 2018

Con motivo da celebración das festas de San Xoán 2018, resulta necesario regular algúns aspectos da nosa convivencia cidadá como as lumaradas, os servizos de seguridade e emerxencias, as sardiñadas e barbacoas, as infraccións ou as normas complementarias.  

Culleredo acolle a primeira carreira nocturna solidaria organizada polo Colexio de Farmacéuticos da Coruña

O Paseo Marítimo do Burgo, no  Concello de Culleredo, acollerá a ‘I Carreira Nocturna  COFC’ organizada polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña para o sábado, 7 de xullo, ás 22:30 horas. 
 
 

O programa de Dinamización Comunitaria organiza unha viaxe a Cedeira e Ortigueira

O Concello de Culleredo, dentro do seu programa de Dinamización Comunitaria dirixido a maiores de 65 anos, programou unha viaxe a Cedeira e Ortigueira para o 30 de xuño.
 
 
 

Un concerto dosDixie Kings dará o pistoletazo de saída ao Burgo Jazz

O xoves 21 de xuño, ás 20:30 horas, os Dixie Kings darán un concerto en Culleredo, no auditorio de Servizos Múltiples do Burgo.

Culleredo acolle o V Aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

O pasado venres, 8 de xuño, o Xardín Botánico do Burgo acolleu o acto central do V Aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo 
 
 
 

O carril bici do Paseo Marítimo estará cortado o domingo durante a VII Carreira pola Ría do Burgo

O  Concello de Culleredo celebra este domingo 10 de xuño, a VII Carreira pola Ría do Burgo no paseo marítimo do Burgo. Congregará a 650 corredores de distintas categorías e o carril bici estará cortado de 9 a 14 horas.
 
 
 
 

V Encontro de Clásicos e Deportivos - I Memorial Luis Varela Serantes

Tras seis anos de ausencia, este fin de semana regresa a Culleredo o Encontro de Clásicos e Deportivos. O evento, organizado polo Concello de Culleredo e o Club Automóbil Culleredo, alcanza este ano a súa quinta edición e será tamén un  memorial a Luis Varela Serantes, ex presidente do club, falecido en novembro de 2017.
 
 

A obra 'Sénior' chega a Culleredo

Este venres, 8 de xuño, ás 20:30 horas Culturactiva Scg representará a súa obra teatral  'Sénior' no edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
 
 

Culleredo recoñece a “valentía” dos gardas civís que rescataron a unha familia dun incendio en Fonteculler

A acción heroica realizada por dous gardas civís o pasado 26 de maio motivou o acto de recoñecemento ao seu servizo organizado hoxe polo Concello de Culleredo. O alcalde, José Ramón Rioboo, agradeceu en nome da cidadanía do municipio “o valor, valentía e profesionalidade” de Salvador Ponte e Fran Calabria, os dous axentes do posto da Garda Civil de Cambre que aquela madrugada do 26 de maio entraron no edificio da avenida de  Fonteculler onde se declarou un lume para salvar á familia dun dos pisos próximos afectados polo fume.
 
 

O campionato de tute xa ten gañadores

O venres finalizou o XX Campionato de Tute do Concello de Culleredo. Foron 128 os participantes nesta fase final, procedentes das sedes do Portádego, Celas, Sésamo, Castelo, Orro, Leiviña, La Palma, Lamelas e Tres Marías.

Deportes náuticos e de aventura, oferta estival do Concello de Culleredo para os mozos

A Concellería de Xuventude do Concello de Culleredo, de acordo cos usuarios, deseñou unha oferta de campamentos de verán baseada nos deportes náuticos e de aventura, para os que se abre a inscrición a partir de mañá, martes 29 de maio.
 

Programa de actividades infantís para xuño nas bibliotecas municipais

Xa se publicou o programa de actividades infantís de xuño para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa).
 

Este domingo os vehículos históricos rodarán por Culleredo

Este domingo, 27 de maio, os veciños de Culleredo terán a sensación de viaxar atrás no tempo. Polas rúas do municipio rodarán os coches e as motos clásicas que participarán na quinta edición do Rally de Culleredo, de regularidade e vehículos históricos, organizado polo ‘Club clásico Os  Brozos’ coa colaboración do Concello e Motoclub Culleredo.

Curso monográfico de iniciación ao surf

O Concello de Culleredo organiza, do 8 ao 10 de xuño, un curso monográfico de iniciación ao surf dirixido a persoas con idades comprendidades entre os 18 e os 35 anos e especialmente a monitores, directores de tempo libre, estudantes de INEF, TAFAD, TASOC, educación social ou maxisterio.  

 

O I Gran Premio As Mariñas de ciclismo sairá de Culleredo

Este domingo, 20 de maio, As Mariñas coruñesas converteranse na capital do ciclismo galego coa celebración do Campionato Galego de Fondo na estrada Elite sub-23, I Gran Premio Consorcio As Mariñas, organizado polo Club Ciclista Cambre Caeiro e que terá saída e chegada no Concello de Culleredo.
 
 
 

Recital poético-musical 'De abrentes e ocasos', de Teatro do Atlántico

Este mércores, 16 de maio, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo albergará, a partir das 20:30 horas o recital poético-musical 'De abrentes e ocasos', de Teatro do Atlántico.
 
 

Culleredo encarga un proxecto de renovación de beirarrúas en O Portádego e Fonteculler

O Concello de Culleredo acaba de encargar a redacción dun proxecto para acometer a renovación das zonas peóns de diversas rúas interiores de O Portádego e Fonteculler. Son conxuntos eminentemente residenciais cuxas beirarrúas sofren da deterioración polo paso do tempo.
 

Programación do Día das Letras Galegas en Culleredo

O vindeiro 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano se adica a María Victoria Moreno, e o Concello de Culleredo programou unha serie de actividades para conmemorar este día, destacando a tradicional Feira de Artesanía do municipio.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina