O Concello de Culleredo oferta campamentos de verán específicos para a mocidade. Serán do 1 ao 12 de xullo e basearanse en actividades de interese para a xuventude, como deportes de aventura, alternativos e acuáticos.
O Concello de Culleredo desenvolve o ciclo de emprego formativo para mozos, na liña dos que xa se fixeron, co obxectivo de formar e dar emprego ao sector de menor idade do municipio cullerdense.
O CRA (Colexio Rural Integrado) de Culleredo, composto por nenos e nenas de 3 a 6 anos, inaugurará mañá un museo de arte contemporáneo.
O MACCRA, que así se denominará esta exposición itinerante, nace coa fin de amosar ao público a investigación, creación, innovación e os xogos que realizou o alumnado a través do cinema, a arquitectura, a pintura, a escultura, a música e a fotografía.
Estará aberta polas tardes, de 16:30 a 19:30 horas.
O 17 de maio, de 10:00 a 14:00 horas terá lugar a celebración do I Torneo de Petanca, en Vila Melania.
ULTIMA HORA| Amplíase o prazo de inscrición para concurso de grafitti, que terá lugar esta fin de semana. Está pensado para persoas entre 14 a 30 anos. Inscríbete e presenta o teu boceto antes da mañá do 17 de maio!
Os bocetos gañadores pintarán un mural colectivo. Inscríbete nos números 981 654 588 e 620 008 450 ou no enderezo cipax@culleredo.es.
Antonio Fraguas é o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2019. Para dar a coñecer tan senlleira figura da nosa cultura, sobre todo entre os máis pequenos, o Concello de Culleredo, a través da Concellaría de Cultura e coa colaboración da Deputación da Coruña, vén de publicar un díptico que recolle un resumo en viñetas da súa vida. O díptico repartirase na Feira de Artesanía que se celebrará o vindeiro 17 de maio na praza Europa do Burgo.
O mércores 15 de maio ás 17:00 horas, o Auditorio do Conservatorio de Música de Culleredo acollerá o Concerto das Letras Galegas 2019.
O vindeiro 24 de maio terá luar no Conservatorio de Música de Culleredo o concerto pedagóxico para os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria do Concello de Culleredo. Será ás 17:00 horas da tarde.
É un concerto que segue a liña que xa se comezou o ano pasado coa actuación de Arco Iris, a cal tivo un resultado altamente positivo. Tras o éxito obtido nos concertos pedagóxicos organizados pola Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera, unha interesante opción é a oferta para todos os alumnos e alumnas de Culleredo, e que poidan participar coa guía adxunta nesta nova.
Amplíase o prazo de inscripción para a VIII Carreira pola Ría do Burgo 10k. A proba forma parte do VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña.
A carreira celébrarase o domingo 19 de maio no paseo marítimo da ría do Burgo, no Concello de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ó pé da ría, na zona das pistas polideportivas.
O peche de inscripción prolóngase ata as 23:59 do martes 15 de maio.
O parque de Celas será a contorna escollida para a celebración da trixésimo oitaba edición do Torneo de Chave 'Concello de Culleredo 2019'.
O 18 de maio reuniranse os equipos de Aldea, O Xismo, O Burgo, Portazgo, Almeiras, Boedo e Acea de Ama, que competirán polo galardón a partir das 17:30 horas.
Baixo a dirección técnica do Club de Chave O Xismo, e o club Irmandade da Chave, e a organización do Concello de Culleredo, conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.
O vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas, terá lugar a Feira de Artesanía no Concello de Culleredo, na praza do Burgo.
O Concello de Culleredo programa diversas actividades culturais para o mes de maio entre os máis pequenos.
O 3 de maio, o Contacontos de Dragona Ramona "Pete o gato", entrada libre a partir de 3 anos. Será no edificio de Servizos Múltiples, no Burgo.
O 8 de maio, o cancioneiro multicultural, para nenos de todas as idades. Será en Voña ,eñamoa. em Voñabpa-
O 10 de maio, o obradoiro "Postais primaverais". Para inscribirse, na mesma semana na biblioteca, para nenas e nenos de 7 a 12 anos. Ofrecerase no edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
O 15 de maio, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo acollerá os "Contos para bebés". Hai que recoller invitación a partir das 16:30 horas na biblioteca. De 0 a 3 anos ás 17:00 horas.
O 24 de maio, en Vila Melania, terá lugar o contacontos coa Dragona Ramona "Pete o gato", entrada libre a partir de 3 anos.
Do 6 ao 12 de maio, terá lugar no Concello de Culleredo o concurso de tapas "Rutas Barítimas 2019", onde poderán participar todos os locais de hostalería que así o desexen. A data límite para inscribirse no mesmo é o 29 de abril.
O xoves 2 de maio celebrarase no edificio de Servizos Múltiples, ás 17:30 horas, o II Certame de Teatro Inclusivo APEM - Asociación Pro Enfermos Mentales.
Contaremos coas actuacións de:
- Os vellucos de Cosme.
- APEM Culleredo.
- APEM Carballo, presentando "Cambiouche ben o conto".
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER