O goberno de Culleredo buscará hoxe a unidade do pleno para reclamar a construción do IES á Xunta

O Concello de Culleredo dá un paso máis na defensa da construción dun novo instituto de educación secundaria para o municipio. O goberno local proporá hoxe en pleno  ao resto de grupos da corporación un acordo institucional para reclamar á Xunta de Galicia a licitación inmediata da obra.

Culleredo programa un taller para ensinar a reducir a factura da luz

A Concellaría de Sanidade, organiza, xunto coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE), un taller baixo o título de "Coñece a túa factura eléctrica e aprende a reducila". Terá lugar o xoves 24 de abril na Reitoral de Celas, ás 18.00 horas.

O Concello elixiu a idea para a rehabilitación do Edificio de Servizos Múltiples

O Concello acaba de adxudicar a elaboración do proxecto de rehahabilitación do Edificio de servizos Múltiples do Burgo. A dependencia experimentará unha total redistribución de espazos para gañar en comodidade e en aproveitamento.

Culleredo ofrece unha amplia programación cultural con motivo do Día do Libro

O Concello de Culleredo desenvolverá os próximos días unha ampla programación cultural con motivo da celebración do Día do Libro. A Concellaría de Cultura deseñou un amplo plan de actividades dirixidas en parte aos nenos e en parte á poboación adulta do municipio.

Máis de 80 nenos participan no campamento urbano de primavera do Concello

O Concello de Culleredo celebra aproveitando o período non lectivo desta semana os campamentos urbanos de primavera. Máis de 80 pequenos, de 3 a 12 anos de idade participan nesta iniciativa municipal que persegue ofrecer unha alternativa educativa de lecer ás familias.

O Concello abre o luns 21 a solicitude de prazas nos campamentos de verán

Desde o luns 21 e ata o mércores día 30 de abril, ámbolos dous incluídos, estará aberto o prazo para a solicitude de prazas nos campamentos que cada verán organiza a Concellería de Educación. Nesta edición, décimo quinta, os campamentos desenvolveranse desde o 23 de xuño ata o 29 de agosto.

Reunión do alcalde de Culleredo e representantes das ANPA coa Consellería de Educación

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e a concelleira de Educación, Carmen Varela, acompañados de dous representantes da ANPA do municipio, desprazáronse onte a Santiago para celebrar unha reunión co secretario xeral de Educación sobre o futuro do prometido novo instituto de Educación Secundaria.

O Concello dotará ao campo de Rutis de céspede artificial de última xeración

O goberno de Culleredo deseñou unha modernización total do campo de fútbol de Rutis, atendendo así á clara necesidade de mellorar as condicións do campo, manifestada polos usuarios. E é que o municipio conta cuns 1.500 veciños que practican fútbol nas diferentes categorías.

O Concello organiza un obradoiro de lingua de signos

O Concello de Culleredo organiza a segunda edición do Obradoiro de lingua de signos, nun nivel básico. Tratarase dunha acción formativa totalmente gratuíta, que se desenvolverá entre o 21 de abril e o 5 de maio no Pazo de Vila Melania (Vilaboa).

Escritos para presentar no rexistro da Xunta de Galicia demandando a construción do novo instituto

O Concello de Culleredo pon á disposición das nais e pais de escolares, e da veciñanza en xeral, os rexistros elaborados polas ANPA para presentar mañá martes, 9 de abril, no rexistro xeral da Xunta de Galicia. O obxectivo é demandar masivamente a construción do comprometido e necesario instituto de Educación Secundaria por parte da Xunta.

Convocatoria de cursos para desempregados para preparar as probas de competencias clave

Dende a Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.

Culleredo ofrece clases de apoio para as probas libres de obtención da ESO

O Concello de Culleredo lanza o programa "Supérate", un conxunto de clases de apoio para a preparación das probas libres de obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Está dirixido aos mozos que no seu día abandonaron os estudos.

O xardín botánico acolle esta semana un curso de iniciación a apicultura

No mes de abril a Asociación Galega de Apicultura estrea o seu programa de formación apícola no Concello de Culleredo, coa celebración do Curso de Iniciación á Apicultura os días 4, 5 e 6 de abril no Xardín Botánico de O Burgo.

O Concello inaugurou o centro asociativo para o uso das entidades sociosanitarias

O Concello de Culleredo inaugurou o centro municipal asociativo A Escada, no Burgo, unha das grandes apostas do goberno municipal por ampliar a carteira de servizos sociosanitarios da man de entidades sen ánimo de lucro.

O superávit logrado permite ao Concello reformar o Edificio de Servizos Múltiples e o campo de fútbol de Rutis

Os bos resultados orzamentarios permiten ao Concello de Culleredo dedicar parte do superávit cultivado á realización de dous dos máis necesarios investimentos para o municipio: a reforma do Edificio de Servizos Múltiples e do campo de fútbol de Rutis.

O Concello súmase á Hora do Planeta que promove WWF en todo o mundo

O Concello de Culleredo participará o sábado, 29 de marzo, na Hora do Planeta, campaña que promove a organización WWF para concienciar sobre a necesidade de colaborar contra o cambio climático. Apagaranse boa parte do paseo marítimo de 20.30 a 21.00 horas.

Os Xogos da Amizade xuntarán a 400 nenos judokas en Culleredo

Culleredo será o domingo, 30 de marzo, a capital comarcal do judo.  Máis de 400 nenos judokas participarán nos Xogos de Amizade, que se desenvolverán no polideportivo do colexio Rías Altas, na Zapateira.

O Concello recomenda tomar medidas preventivas para evitar intentos de estafa na revisión do gas

O Concello de Culleredo pide aos veciños que adopten medidas preventivas para evitar unha posible estafa na revisión do gas. Segundo tivo coñecemento o Concello, nas pasadas datas tiveron lugar intentos de estafa desta forma na zona rural do municipio.

O Concello recorrerá á liña de axudas polo temporal para reparar o paseo do río Trabe xunto ao campo de fútbol

O Concello de Culleredo prepara a solicitude ante a convocatoria de axudas lanzada polo Estado polos efectos dos pasados temporais. De entre os danos provocados polo mal tempo no municipio destacan os sucedidos no paseo do río Trabe, en concreto na contorna do campo de fútbol do Burgo.

O Descenso ao Xalo reunirá o domingo a 150 ciclistas en Culleredo

O monte Xalo prepárase para acoller o vindeiro domingo, 30 de marzo, a cuarta edición do Descenso do Xalo. Será a primeira proba do Open Galego de descenso de bicicleta de montaña, polo que reunirá a deportistas de renome desta modalidade a nivel nacional.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina