De acordo co artigo 19 da Ordenanza municipal de Transparencia, acceso á información e reutilización, publícase a información sobre as subvencións e axudas concedidas, con indicación do seu importe, obxectivo ou finalidade.
O Campionato Galego de Descenso chegará o 4 e 5 de marzo a Culleredo, coa celebración do VI Descenso do Xalo, unha das probas estrela da tempada e que nos últimos anos reuniu a uns 150 deportistas.
O Concello de Culleredo celebrá o Entroido 2017 por todo o alto, con opcións para os veciños de todas as idades.
O público xa pode visitar ata o 4 de marzo a exposición colectiva "Un mundo sen nós" na aula de Natureza do xardín botánico do Burgo. Trátase da primeira vez que ve a luz este traballo dun grupo de 13 alumnos da Escola Superior de Deseño "Pablo Picasso", da Coruña.
O Concello de Culleredo informa de que ante o aviso de alerta laranxa por rafaxos de ventos superiores aos 90-100 Km./h. quedan suspendidas todas as actividades ao aire libre durante todo o venres 3 de febreiro.
O Concello de Culleredo acolle, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia, unha xornada informativa sobre as cláusulas chan. Terá lugar o martes 14 de febreiro ás 20.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Os XV Xogos da Amizade de Judo reunirán este sábado, 22 de xaneiro, a centos de nenos en Culleredo. A cita vai realizarse no Polideportivo do Colexio Rías Altas, a partir das 10:00, coa colaboración do Concello de Culleredo.
O sorteo das prazas para a campaña de esquí 2017 da Deputación da Coruña será o xoves 26 de xaneiro ás 11.00 horas na sala de vídeo do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
O Concello informa sobre a campaña de esquí da Deputación da Coruña. A Culleredo correspóndenlle 12 prazas na quenda do 26 ao 31 de marzo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER