Conservatorio

Cursos de verán no Conservatorio de Culleredo

O Conservatorio Profesional de Culleredo organiza un programa de cursos de verán. Serán un total de nove accións formativas que se desenvolverán ao longo do mes de xullo.

Culleredo celebra o venres o acto principal do 25 aniversario do Conservatorio

O Conservatorio Municipal de Música de Culleredo cumpre o seu primeiro cuarto de século cunha gran gala de celebración como acto central. Será este venres, 9 de xuño, a partir das 20.00 horas no auditorio do centro. E para conmemorar a efeméride, o Concello e a dirección do Conservatorio propuxéronse reunir a antigos membros, tanto alumnos como profesores ou compoñentes da ANPA que contribuíron a este aniversario.

Vacantes no Conservatorio para o curso 2017-2018

O Concello de Culleredo acaba de publicar as vacantes coas que conta nos primeiros cursos dos graos elemental e profesional do Conservatorio Municipal de Música. En total, o centro de ensino oferta un total de 29 prazas repartidas en 11 especialidades que se imparten.

Apertura do proceso de matrícula do curso 17-18 do Conservatorio Municipal

O Conservatorio lanza a matriculación para o próximo curso. A inscrición nas probas de acceso ao primeiro curso do grao elemental comprenderá entre o 5 de maio e o 14 de xuño. Haberá unha reunión informativa para as familias interesadas o xoves 4 ás 20:00 horas.

Culleredo celebra o Galicia Graves con figuras de contrabaixo de renome mundial

Os días 17, 18 e 19 de febreiro de 2017, o Conservatorio Profesional de Música de Culleredo acolle a cuarta edición do Festival Internacional de Contrabaixo Galicia Graves e a terceira edición do Concurso Internacional de Contrabaixo Galicia Graves, organizado pola asociación Galicia Graves e o Concello de Culleredo co fin de promover este instrumento en xeral e especialmente nesta área de Galicia.

O Concello solicita a implicación da Xunta no financiamento do Conservatorio

O Concello de Culleredo pide á Xunta que asuma o financiamento do Conservatorio, xa que é a administración competente e se trata dun servizo supramunicipal. Na actualidade o Concello asume un 69,55% do custe.

Campamentos urbanos musicais

O Concello de Culleredo lanza os seus campamentos urbanos musicais. Celebraranse en xulio e agosto. A inscrición comeza o luns 23 de maio no Edificio de Servizos Múltiples.

Anuncio da dirección do Conservatorio

Por motivos de organización do centro queda suspendido ao mes de setembro, a oferta de prazas no curso de iniciación I.

Datas de matrícula do Conservatorio Municipal

O Concello de Culleredo publica as datas de matrícula no Conservatorio Municipal de Música para o curso 2015-2016.

O Festival Internacional de Contrabaixo Galicia Graves 2015 arranca en Culleredo

Os días 13, 14 e 15 de marzo dá comezo a segunda edición do Festival Internacional de Contrabaixo Galicia Graves 2015 que terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo. O obxectivo deste festival é achegar a Galicia a algúns dos mellores intérpretes do panorama internacional actual no que ao contrabaixo se refire.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina