A clase e o porte dos coches clásicos sairán a pasear o domingo, 13 de marzo, polas estradas de Culleredo. O municipio acolle a terceira edición do rally de regularidade de vehículos históricos, organizado pola Escuadra Centola coa colaboración do Concello de Culleredo e da Deputación da Coruña.
O Concello de Culleredo publica a información do sorteo de prazas para a campaña de esquí 2016 organizada pola Deputación da Coruña.
Dous dos principais runners españois levarán o running aos cullerdenses. O Concello de Culleredo, coa colaboración da asociación Castelo Deporte, organiza mañá, venres 11, e o vindeiro martes 15 o programa "Corre Culleredo!".
Culleredo será sede este fin de semana da proba que pecha a edición 2015 do Campionato Galego de Trial. A parroquia de Orro é o escenario elixido para dirimir unha competición que este ano está a ser moi apretada.
O Concello de Culleredo publica a relación de persoas inscritas nas vacantes das actividades deportivas municipais.
O Concello de Culleredo finalizou o seu plan de acondicionamento de varias pistas deportivas descubertas e da pista cuberta de Castro. Trátase de instalacións moi frecuentadas polos veciños dos núcleos para a práctica deportiva e que necesitaban de diversos arranxos para incrementar as súas prestacións.
O Concello de Culleredo celebra este mes os trofeos de fútbol afeccionado, base e veterán segundo este calendario.
O Clube de Natación As Mariñas celebra en agosto cursos intensivos de natación. Serán no parque acuático de Acea de Ama , contando coa colaboración do Concello de Culleredo.
O Club Natación Culleredo, coa colaboración do Concello, lanza os seus cursos intensivos de verán. Serán en xulio na piscina de Acea de Ama.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER