Educación

Reunión informativa sobre as Mañás de Campamento 2013

O sábado día 22 de xuño, ás 12.00 horas, no salón de actos do edificio do Conservatorio Municipal de Música (r/ Andrés Pan Vieiro, 30. O Burgo), terá lugar a reunión informativa sobre o programa municipal de " Mañás de campamento 2013", para todas as familias participantes en dito programa.

A maior demanda que número de prazas constata a urxencia dun novo colexio e instituto

O goberno de Culleredo esixe celeridade á Xunta de cara a construír o novo colexio e instituto que eviten a maior saturación das aulas. A Mesa de Escolarización da resposta a todos os nenos de Culleredo, pero a demanda supera ao número de prazas existentes, o que obliga á Xunta a habilitar aulas provisionais no CEIP Ría do Burgo e no IES Blanco Amor.

A medallista olímpica Sofía Toro visitou o colexio Isaac Díaz Pardo

Os alumnos de 6º de Primaria do CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo recibiron unha visita moi especial: a campioa olímpica Sofía Toro. Os nenos departiron coa medallista, formulándolle todas as dúbidas e cuestións sobre o seu traballo. No acto estivo presente a concelleira de Educación, Carmen Varela, que destacou de Toro que a pesar de converterse en alguén recoñecido, "mantén a súa proximidade".

Listas de admitidos e de agarda nas escolas infantís

O Concello de Culleredo recibiu da Xunta de Galicia as listas definitivas de admitidos e as de agarda das tres escolas infantís radicadas no municipio, de cara ao curso 2013-2014.

A VII Tarriomería reuniu a centos de personas no colexio

A Tarriomería, evento organizado pola ANPA e CEIP coa colaboración do Concello de Culleredo, reuniu onte sábado 25 a centos de pais, alumnos, ex alumnos, veciños e amigos do centro. Desde as 10.30 e ata as 20.00 horas, as instalacións do colexio acolleron exhibicións de patinaxe, karate, aerobic, judo, ou ballet; inchables; talleres; actuacións musicais; comida de confraternización; contacontos; xogos de familia; e baile e karaoke.

Os pequenos descobren a excelencia do patrimonio de Culleredo

Un total de 150 escolares de 5º curso de Educación Primaria participan nun programa didáctico que impulsa o goberno de Culleredo para dar a coñocer os elementos patrimoniais máis fermosos do municipio aos pequenos. O colexio de Tarrío, o Ría do Burgo e o Díaz Pardo toman parte no programa que achega aos nenos á torre de Celas, pazo de Vilaboa, igrexa do Burgo e ponte sobre a ría.

Listaxes de admitidos, de agarda e non admitidos nos XIV Campamentos de verán

O Concello de Culleredo publica as listaxes de participantes admitidos, listaxes de agarda e de non admitidos nas XIV Mañás de Campamento, que se celebrarán ao longo do verán.

Sorteo de prazas das XIV Mañás de Campamento

O Concello de Culleredo efectuará o venres 10 de maio o sorteo público das prazas para a XIV edición das Mañás de Campamento: Campamentos que concilian. Terá lugar no servizo municipal de educación, sito no Conservatorio de Música ás 9:30 horas.

O Concello e a agrupación Ancoradoira ensinan o folclore galego nos colexios

O Concello de Culleredo desenvolve esta semana unha actividade, en colaboración coa agrupación Ancoradoira, para ensinar aos escolares as características do folclore galego. Na actividade, denominada “Musícate” participa o alumnado de 4º de Educación Primaria do CEIP Sofía Casanova (Vilaboa) e do CEIP Ría do Burgo (A Corveira). O alumnado nocións básicas acerca do traxe tradicional galego, instrumentos musicais e bailes típicos galegos. Ademais, aprenden a bailar un deles.
 

Culleredo abre o prazo de solicitude de prazas nos Campamentos de Verán 2013

O Concello de Culleredo presenta a oferta de campamentos de verán 2013 e anuncia a apertura do prazo para a solicitude de praza. As actividades que se programan ofrecen unha alternativa de lecer para os nenos e nenas nos meses de verán, á vez que proporcionan un servizo de conciliación demandado cada ano polas familias dos pequenos. As solicitudes de praza, xunto coa documentación que se esixe, presentaranse no Servizo municipal de Educación (edificio do Conservatorio municipal de música) desde o día 15 ata o 19 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina