O Concello de Culleredo ten xa en marcha o plan de rozas tras impulsar un novo contrato que mellorará notablemente o servizo. O Concello formalizou un contrato que aúna a roza, o mantemento da rede viaria municipal e a limpeza dos espazos públicos.
O Concello de Culleredo prepara a solicitude ante a convocatoria de axudas lanzada polo Estado polos efectos dos pasados temporais. De entre os danos provocados polo mal tempo no municipio destacan os sucedidos no paseo do río Trabe, en concreto na contorna do campo de fútbol do Burgo.
Os veciños de Culleredo dispoñen desde as pasadas semanas dun novo servizo para o depósito de aceite de cociña usado, un dos residuos máis contaminantes e á vez máis habituais en calquera vivenda. O goberno municipal elixiu as zonas máis concorridas do municipio para a colocación dos colectores.
O Concello mellora as prestacións da avenida de Juan Carlos I, unha das rúas con maior tránsito do municipio. O goberno local, que vén de repoñer as bandas rugosas e de colocar un novo espello no cruce con Anxo Senra, anuncia a reparación do asfalto da vía.
O Concello de Culleredo completou a reforma da rúa Estreita de Vilaboa, situada ao final do núcleo e que dá servizo a un importante conxunto de vivendas de carácter unifamiliar. Agora, a rúa presenta un aspecto renovado e con prestacións melloradas.
O Concello de Culleredo comezou os traballos de remodelación do parque infantil de Tarrío. Trátase dunha das actuacións programadas polo goberno municipal para mellorar estas infraestruturas. En 2014, o Concello cubrirá os 5 parques máis empregados.
O goberno de Culleredo centra o Plan de Obras na mellora das infraestruturas viarias en núcleos urbanos do municipio. A proposta aprobada polo pleno da corporación consta de 502.240,17 euros, dos que o equipo de goberno reserva o 85% para investimentos.
Os veciños de Vilaboa xa gozan das prestacións do parque Sofía Casanova, reestreado este fin de semana tras as obras de remodelación acometidas polo Concello de Culleredo.
O Concello continúa co seu plan de mellora das infraestruturas básicas do municipio. Neste caso, o goberno local acaba de finalizar traballos para modernizar a rede de abastecemento e a pavimentación no Cubo, parroquia de Culleredo.
O Xardín Botánico do Burgo aumenta as prestacións aos usuarios. A elevada actividade cultural e educativa que acolle a instalación, que alberga ademais a aula de Natureza "Juan Lembeye", levou ao goberno de Culleredo a tomar a decisión de crear un aparcadoiro específico para a dependencia.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER