O Concello de Culleredo emprenderá un novo plan para ampliar o servizo de saneamento de augas residuais en diversos núcleos. Será un investimento de 260.000 euros, procedentes das arcas municipais, para responder a peticións trasladadas polos veciños.
O Concello de Culleredo acolle o martes 4 de abril ás 19.00 horas no salón de plenos unha xornada informativa sobre as axudas a emprendedores que os veciños poden obter por un lado do Programa Leader 2014 - 2020 que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas - Betanzos, e por otro lado do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro.
Os Concellos de Cambre e Culleredo acaban de completar o seu proxecto conxunto da mellora da iluminación na ponte antiga do Burgo, que une os dous municipios. Os traballos consistiron na renovación das luminarias e mellora do sistema, que levaba tempo con deficiencias.
O Concello de Culleredo finaliza as obras de renovación da rede de abastecemento de auga nun total de 12 rúas do municipio. Trátase de actuacións que pretenden modernizar as instalacións e tubaxes para evitar avarías xa de forma preventiva.
O Concello de Culleredo continúa coas súas actuacións de ampliación da rede de saneamento, dotando do servizo básico aos veciños. Na actualidade está a executar obras en Peiro de Arriba e Peiro de Abaixo para que as numerosas vivendas unifamiliares da zona dispoñan da rede.
O Concello de Culleredo informa que Emalcsa acaba de comezar os traballos de reparación da súa tubaxe xeral, cun diámetro de 800mm, que presentaba unha fuga de auga entre as rúas Irmáns Suárez Ferrín e a avenida de Cordeda, no núcleo da Corveira. Pode aparecer auga turbia no Burgo, Fonteculler, Acea de Ama e parte baixa da avenida de Vilaboa.
O Concello de Culleredo completou a renovación da iluminación no paseo dos Templarios, unha das actuacións en materia de iluminación pública programadas polo goberno local. Neste caso, o proxecto desenvolveuse tanto no paseo marítimo como na rúa interior, onde finalizará a actuación aumentando os puntos de luz xunto ao acceso ás vivendas.
O Concello de Culleredo tramita as obras de dotación de iluminación LED na Zapateira, nas rúas Río Mandeo e Montespiño. A actuación sumarase á construción de beirarrúas e instalación de rede de pluviais xa realizada nestas dúas rúas, de elevado uso polos veciños da zona e polos dous colexios aos que dá servizo.
O Concello de Culleredo executa outra actuación para continuar completando o servizo de saneamento no municipio. Nesta ocasión, o goberno local leva a cabo a dotación de rede de recollida de fecais e tamén de recollida de augas pluviais na zona de Valiñas e Sueiro.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER