O vindeiro martes 5 de xaneiro os Reis Magos terán unha apretada axenda en Culleredo. Ese día, desde as 17:00 terá lugar a gran Cabalgata de Reis, cun percorrido polas principais rúas do centro urbano. Ao longo da tarde visitarán ademais centros sociais das parroquias.
O Concello de Culleredo concede axudas económicas a todas as asociacións radicadas no municipio. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, firmou nun acto no consistorio os convenios coas 77 entidades de todos os ámbitos que traballan no municipio.
Das 600 persoas que tomaron partida, desde o inicio do curso, no Campionato de Tute do Concello, a parella de Ledoño, Zacarías e Carlos, venceu este fin de semana a final e alzouse co título. O alcalde entregoulles o trofeo.
Os Reis Magos terán o domingo 5 de xaneiro unha axetreada axenda en Culleredo. O Concello organizou diferentes actos coas Súas Maxestades, que inclúen a tradicional Cabalgata polos núcleos urbanos e as visitas aos diferentes centros sociais das parroquias do rural.
O Concello de Culleredo comeza este mes de decembro unha nova edición do Campionato de Tute, que congrega cada ano a ducias de veciños. A primeira fase desenvolverase ata o mes de marzo nas diferentes asociacións veciñais.
A Casa do Concello de Culleredo acolle o xoves 7 de novembro a charla informativa que promove a Deputación da Coruña co fin de explicar os programas de subvencións provinciais para o ano 2014. O encontro levará a cabo no salón de plenos de 20.00 a 22.00 horas.
A crise non frea o investimento do Concello de Culleredo a favor do tecido asociativo do municipio. O goberno municipal cifra en 300.000 os euros dedicados ao mantemento das entidades e á realización dos seus diferentes programas e actividades.
Celas de Peiro celebrou o pasado sábado 30 o San Outelo, patrón dos cans.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER