Alcaldía

O Concello asfalta as rúas do Monte Alfeirán

obrasA rede viaria do Monte Alfeirán está a experimentar unha notable mellora. O Concello de Culleredo traballa no asfaltado de varias rúas, un dos principais investimentos municipais do ano 2011.

Culleredo sacará a concurso o mantemento do saneamento por 20 anos

O Concello de Culleredo concesionará o mantemento preventivo e correctivo da rede de saneamento e bombeos polos próximos 20 anos. O obxectivo consiste en reducis os atascos e avarías para así impedir verquidos á ría e á rede fluvial.

O Concello non esperará á revisión do Plan Director de Alvedro para aprobar o novo PXOM

O goberno local de Culleredo descarta condicionar a aprobación do novo Plan Xeral á revisión do Plan Director de Alvedro, en marcha por parte do Ministerio de Fomento. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, ten claro que o municipio non pode esperar máis a contar cun PXOM, que posteriormente se podería modificar se así o requiere o novo Plan Director.
 
O primeiro edil proporá a Fomente que adopte as solucións de menor incidencia nos veciños e prevé reunirse cos posibles afectados para darlles a máxima información.

Informe de Avaliación Preliminar

Avaliación ambiental da proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto da Coruña.

Fonteculler disporá dun novo centro para actividades e atención de Servicios Sociais

visita alcalde e tenente de alcaldeO Concello de Culleredo abrirá a finais de ano un novo local en Fonteculler, na praza Daniel Rodríguez Castelao, que acollerá a celebración de diferentes actividades e actos e a atención de Servicios Sociais. Desta forma, o goberno municipal querer achegar as iniciativas das distintas concellarías e o traballo social aos veciños de Fonteculler.

Peiro estrea parque público

parque peiroO núcleo de Peiro dispón dun novo parque, dotado de zonas verdes e mobiliario urbano, acometido polas 33 persoas desempregadas que forman parte do obradoiro de emprego. Agora, o centro de Peiro conta con pista deportiva, parque infantil e o novo parque, posibilitando o encontro e o asueto dos veciños de todas as idades.

O Concello planea modificacións no transporte metropolitano para mellorar o servizo

O Concello de Culleredo estuda coas compañías de transporte diferentes alternativas para mellorar o servizo no municipio. A idea consiste en estender o transporte até zonas que non o dispoñían, como as urbanizacións da Zapateira, así como incrementar as frecuencias de viaxes no rural.

O Concello prevé concluir en novembro a construción do novo centro social de Castro

A obra de construción no novo centro social de Castro (Vilaboa) avanza a bo ritmo. O inmoble xa está levantado polo que se calcula que os traballos para dotar aos veciños dunha dependencia para actividades e reunións finalicen no mes de novembro.

Tercera reunión da Comisión Especial do Aeroporto de Alvedro

Pantallas antirruidoO Concello de Culleredo celebrou a terceira reunión da Comisión Especial do Aeroporto de Alvedro. Nela, o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, deu conta aos grupos municipais da corporación das novidades acerca da ampliación da pista do aeroporto que acomete AENA, tanto do referente ás obras como do proceso de insonorización das vivendas.

Por unha ría limpa e saneada

A corporación cullerdense aprobou no pleno unha declaración institucional para pedir a Estado e Xunta de Galicia que cumplan cos seus compromisos e competencias e a ría do Burgo estea limpa e saneada, integralmente, no vindeiro 2014.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina