O alcalde de Culleredo presidiu a apertura do novo Eroski Center, emprazado en Acea de Ama, no entorno do centro de saúde, o parque, o colexio, ou o Conservatorio Municipal. Conta con 1.350 metros cadrados de superficie de sala de ventas e aparcamentos exterior e subterráneo con capacidade para 177 vehículos. Sacristán resaltou que os veciños contarán agora con “máis posibilidades” para mercar.
O Concello de Culleredo incrementa a súa presenza en internet coa estrea dunha conta na rede Twitter. A conta oficial é @ConcCulleredo e nela irase informando das novidades que se xeneren no municipio.
O goberno local presentará no vindeiro pleno as actuacións que incluirá no Plan DPC 94 a través do cal o Concello recibirá 353.661,87 euros para a execución de proxectos e para gasto corrente. A maior parte desta cantidade será destinada á execución de diversas obras de mellora de viarias e rúas e á instalación de xogos infantís.
O pleno aprobou a proposta de redución de salarios de concelleiros e de indemnizacións por asistencia que propuxo o goberno local. A redución é de aplicación aos membros da corporación con dedicación que terán unha redución de 7,1% do seu salario. Culleredo tamén rebaixará a contía por asistencia aos órganos do Concello nunca cuantía similar.
O alcalde de Culleredo aposta pola creación de aparcadoiros disuasorios que alivien o tráfico das grandes arterias de circulación e promocionen o servizo de transporte público. Para mellorar o plan da Xunta, propoorá establecer un espazo no centro do núcleo de Vilaboa para ampliar o servizo a máis veciños.
O Concello de Culleredo comeza coa chegada do verán un plan de acondicionamento e limpeza da rede viaria municipal. Serán 278 camiños os incluídos nas actuacións, conducentes a evitar que se xeren incendios, especialmente na época estival.
O Concello recibiu unha furgoneta, con capacidade para 8 persoas, froito dun acordo cunha empresa, que a doa grazas ás achegas económicas obtidas de marcas que poñen publicidade na carruaxe. Será destinada a efectuar distintos servizos municipais, como o transporte de persoas con discapacidade. A furgoneta non lle custa nada ao Concello, que só terá que asumir os gastos de funcionamento.
O Concello de Culleredo aprobou a ordenanza reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE). Con esta medida, regúlase a obrigación de manter nas edificacións as condicións básicas de seguridade, estabilidade, estanqueidade, ou consolidación estrutural. Para iso, elaborarase un informe emitido por un técnico competente que se debe presentar dentro do ano seguinte a aquel en que o edificio cumpra 50 anos.
As negociacións emprendidas coas empresas que prestan servizos no Concello co obxecto de lograr unha rebaixa nos gastos que supoñen ás arcas municipais terminan cunha redución nos custos de 816.013,13 euros ao ano. Corresponden aos servizos de xardinaría, limpeza viaria, limpeza de edificios municipais e colexios, e mantemento eléctrico. As conversas seguirán co resto de empresas.
Desde a posta en marcha do Plan de Illamento Acústico do aeroporto de Alvedro, o Concello de Culleredo detectou diversas situacións que tivo coñecemento por parte dos afectados e que mañá na reunión da comisión de seguimento, o alcalde, Julio Sacristán, porá sobre a mesa.