O goberno de Culleredo celebrará hoxe mércores 22 de maio unha reunión cos veciños das inmediacións do Monte Costa para informarlles do inminente inicio das voaduras para o desmonte. O alcalde convoca o encontro de forma urxente unha vez que recibiu información das condicións da actuación por parte da empresa. O goberno de Culleredo manterá unha actitude vixiante para comprobar que se garanten todas as condicións de seguridade para os cidadáns.
O Concello de Culleredo celebrou o martes 14 de maio o pleno de organización do novo goberno municipal. O alcalde deu conta do nomeamento dos novos tenentes de alcalde e a delegación de competencias nos concelleiros de APdC integrados agora no PSOE. O pleno aprobou sen votos en contra as dedicacións, horario das xuntas de goberno, estrutura das comisións informativas e representación da corporación nos distintos órganos.
O pleno de organización do novo goberno de Culleredo, resultante da integración de APdC no PSOE, comezou coa intervención do alcalde, Julio Sacristán. O rexedor presentou os obxectivos do goberno, entre os que destacan a ampliación dos servizos sociais, a elaboración dunha estratexia local de emprego ou a mellora da coordinación entre as 7 áreas que conforman o Concello de Culleredo.
A compañía de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski celebrou no seu centro de Acea de Ama o inicio da campaña conmemorativa do Día das Letras Galegas, que lembra esta edición a Roberto Vidal Bolaño. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, participou na simbólica pegada de carteis no centro, que marcan o comezo da campaña, acto presidido polo conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez.
O goberno de Culleredo estrea organización, froito da integración de APdC e PSOE, o que provocou o fin do pacto de goberno co BNG, xa que os socialistas dispoñen dunha ampla maioría con 13 concelleiros. O goberno ten agora 7 áreas coas que se buscará unha maior coordinación e participación veciñal, tendo nos servizos sociais a "prioridade absoluta" do Concello.
O pleno de Culleredo aprobou o regulamento dos ficheiros de datos de carácter persoal do Concello. Trátase da regulación dos arquivos, automatizados ou non, que conteñen e procesan datos persoais. O regulamento determina a finalidade de cada ficheiro, as persoas ou colectivos dos que se obteñen, a súa estrutura e descrición ou o órgano responsable do mesmo. Ademais o pleno acordou delegar na Deputación da Coruña a tramitación dos certificados electrónicos.
O Ministerio de Fomento aproba a proposta de modificación da liña límite de edificación na Terceira Ronda e na autovía de acceso ao aeroporto de Alvedro elevada polo Concello de Culleredo. Os veciños da Urbanización Augas Mansas solicitaran o a fixación das aliñacións nesta urbanización, co fin de que excepcionalmente non fóra de aplicación a Lei de Estradas nesta urbanización e evitar así que parte dela quedase fora de ordenación.
O Concello de Culleredo aproba a cesión dun local a Correos para que poida ofrecer os seus servizos postais aos veciños da zona do Burgo. Trátase dun espazo de 34 metros cadrados de superficie, situado na antiga Casa da Xuventude, sita na rúa Alfonso VII do Burgo. A cesión do local prodúcese por un prazo de 12 anos, prorrogables ata un máximo de 24.
O Concello de Culleredo saca a licitación o servizo de tratamento como residuos dos vehículos abandonados ante a proliferación de casos que encheu o depósito municipal. Con este servizo, unha empresa adxudicataria, cun centro xestor autorizado, será a que se encargue de retirar os vehículos con esta clasificación e farase cargo dos residuos, abonando ao Concello unha contía. Tamén os particulares poderán entregar vehículos á empresa, recibindo un pago da mesma.
As fortes choivas que están a caer permiten ao Concello de Culleredo comprar 40.283 metros cúbicos menos de auga a EMALCSA no primeiro trimestre do ano, con respecto a 2012. Esta baixada na compra supón un aforro para as arcas municipais de 11.531,22 euros que no que resta de ano podería chegar aos 50.000 euros. O alcalde apunta que a contía investirase en melloras na rede de augas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER