O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mantivo unha reunión cos responsables da concesionaria do transporte metropolitano con obxecto de pedir variacións ante a reordenación dos servizos. O Concello e a empresa alcanzaron un principio de acordo para adiantar o inicio dos transportes, restablecer o dos mediodías, ampliar os dos sábados e garantir o regreso de todos os cidadáns desde A Coruña ás últimas horas do día.
Os cambios no servizo de transporte metropolitano de Culleredo, aprobados pola Xunta de Galicia, non convencen completamente ao Concello. Aínda que si se logran melloras nalgunhas zonas, os novos horarios autorizados a petición das concesionarias dos servizos empeoran a mobilidade de moitos veciños e non dan solución a algunhas das cuestións solicitadas polo goberno municipal.
As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 20 e 23 de decembro de 2013, nas oficinas municipais de Vilaboa, sitas no Pazo Villa Melania.
O goberno de Culleredo prepara a humanización das rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte. Novas xardineiras, bancos, espazos para aparcar as bicis e o traslado dos colectores soterrados en desuso serán as actuacións.
Ante os graves incumprimentos do acordo firmado co Concello da Coruña para a prestación do servizo de taxis no aeroporto, o Concello de Culleredo denunciará o convenio e demandará a redacción dun novo para mellorar o sistema. Prevese unha reunión para finais de mes.
A empresa encargada da mellora do abastecemento de auga iniciou o asfaltado de toda a avenida de Electo Carballo,cun firme moi deteriorado debido ás obras levadas a cabo nos últimos meses.Será o paso previo á renovación da vía que efectuará o Concello con obxecto de incrementar a seguridade viaria para os peóns.
O corte na Nacional 550, entre O Portádego e A Coruña, por motivo das obras no abastecemento finalizou tres días antes do previsto. O Concello manterá nos primeiros días un dispositivo especial de vixilancia da Policía Local para garantir que se recupere con normalidade o tránsito.
O Concello de Culleredo inicia as obras de remodelación das rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte. O goberno local levará a cabo un plan especial de tráfico na zona habilitándose o acceso a residentes por Sanjurjo de Carricarte desde a avenida de Ribados.
A Nacional 550, desde O Portádego ata A Coruña, permanecerá cortada en parte ao tráfico desde o luns 2 de setembro ata o 15 do mesmo mes. O motivo consiste na execución das obras de mellora do abastecemento á cidade da Coruña e á área metropolitana que leva a cabo Emalcsa.
O Concello de Culleredo acorda coa empresa adxudicataria das obras de ampliación da pista do aeroporto de Alvedro unha serie de medidas para respectar ao máximo as festas veciñais da parroquia, que terán lugar entre o sábado 31 e o luns 2 próximos.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER