O pleno aprobou o pasado xoves o Plan Xeral de Ordenación Municipal de forma inicial. O período de exposición pública iniciarase a mediados de febreiro. O Concello garantirá que chegue a todos os veciños con presentacións en todas as parroquias e a exposición mañá e tarde no Pazo de Villa Melania, con funcionarios presentes para resolver calquera cuestión.
O Concello de Culleredo leva hoxe a pleno a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, documento que ordena o crecemento do municipio. Unha vez aprobado polo pleno municipal, procederase á publicación do anuncio no DOG, tras o que se procederá a abrir o período de información pública por dous meses e a dar audiencia aos Concellos limítrofes.
O Concello de Culleredo abre unha liña de colaboración e apoio cos afectados polas preferentes. Así o concretaron os responsables da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas, que foron recibidos na casa consistorial polo alcalde, Julio Sacristán, e a primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares.
O Concello de Culleredo comezou as reunións previstas cos grupos municipais da oposición de cara á aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. O equipo redactor expuxo as liñas xerais e obxectivos do documento, con anterioridade desta forma á Comisión Informativa de Urbanismo. O goberno local prevé levar a aprobación inicial o Plan o próximo 31 de xaneiro, unha vez se dispoñan dos informes xurídicos e técnicos previstos na Louga.
O equipo redactor do Plan Xeral de Culleredo finalizou o seu traballo e entregou o pasado venres a proposta no rexistro municipal de cara á aprobación inicial. O Concello de Culleredo apunta ao 31 de xaneiro como data para que o pleno debata a proposta. O novo Plan permitirá un desenvolvemento "máis coherente" coa realidade actual de Culleredo, así como "un crecemento máis sostible", sinala o alcalde, Julio Sacristán. Unha vez que o pleno decidise o 31 de xaneiro aprobar o documento, o Concello abrirá un prazo de exposición ao público de dous meses.
O goberno local proporá no pleno unha alegación ao trazado do Camiño Inglés da Xunta de Galicia. O Concello aposta por evitar infraestruturas moi transitadas coma a avenida Electo Carballo e levar o Camiño por rúas de menor intensidade para así protexer ao peregrino. A meirande parte do trazado discorrería polo paseo marítimo.
As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 8 e 9 de xaneiro de 2013. Terá lugar nas oficinas municipais de Vilaboa, sitas no Pazo Villa Melania. Os veciños interesados xa poden pedir cita ata cubrir o cupo, que será por orden de inscrición.
O alcalde de Culleredo mantivo unha reunión coa Xunta para aproveitar as obras de abastecemento actuais da avenida Electo Carballo para convertela nunha travesía urbana, aspiración de veciños e Concello. A actuación incluirá a construción de beirarrúas, pasos de peóns sobreelevados e colocación de marquesiñas. Todo pensado para mellorar a seguridad dos peóns.
O Concello de Culleredo aprobou de forma definitiva a ordenanza reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE). A ordenanza enmárcase dentro dunha necesaria cultura de rehabilitación e mantemento, sendo un instrumento de tutela preventiva para potenciar o papel que a conservación debe xogar no desenvolvemento da cidade.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER