A obra de construción no novo centro social de Castro (Vilaboa) avanza a bo ritmo. O inmoble xa está levantado polo que se calcula que os traballos para dotar aos veciños dunha dependencia para actividades e reunións finalicen no mes de novembro.
O Concello de Culleredo celebrou a terceira reunión da Comisión Especial do Aeroporto de Alvedro. Nela, o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, deu conta aos grupos municipais da corporación das novidades acerca da ampliación da pista do aeroporto que acomete AENA, tanto do referente ás obras como do proceso de insonorización das vivendas.
A corporación cullerdense aprobou no pleno unha declaración institucional para pedir a Estado e Xunta de Galicia que cumplan cos seus compromisos e competencias e a ría do Burgo estea limpa e saneada, integralmente, no vindeiro 2014.
O Concello de Culleredo urxe á Xunta a licitar de inmediato a construción do novo centro de saúde no Portádego ante a saturación que sufre o de Acea de Ama. Asemade, o alcalde pediu a máxima celeridade para o proxecto do instituto e da ampliación do depósito de auga no Monte Alfeirán.
O goberno local concedeulles hai meses as pertinentes licenzas ás compañías de telefonía e proporcionoulle a Correos un plano coas rúas, cumprindo todo o que lle compete para que a urbanización Los Olivos conte con ambos servizos.
O proceso de obtención de licenzas axilizarase e simplificarase notable coa posta en marcha da nova ordenanza aprobada o pasado 31 de agosto polo pleno, a proposta do goberno local.
O Concello de Culleredo iniciou os traballos de mellora no paseo marítimo do Burgo, zona verde por excelencia do municipio e da comarca. Afectarán ás pistas deportivas, parque infantil e aseos, entre outros equipamentos.
O PSdeG-PSOE e o BNG de Culleredo veñen de acordar o pacto de goberno para o mandato 2011-2015 tras o resultado das eleccións celebradas o pasado 22 de maio.
Julio Sacristán foi nomeado alcalde de Culleredo tras o pleno de investidura celebrado no Concello. No seu discurso apostou polo diálogo e consenso coas asociacións e grupos políticos para o avance de Culleredo.
O Concello de Culleredo prepara unha renovación de parte dos equipamentos que dispón o paseo marítimo do Burgo, zona verde referente no municipio e na comarca da Coruña. Así, o plan de actuación do goberno local que preside Julio Sacristán pasa por modernizar instalacións proporcionando maior servizo aos usuarios.