O sábado 26 de abril, Culleredo celebrará o XII encontro de corais. Organizada pola Concellaría de Educación, esta iniciativa, que se ven desenvolvendo todos os meses de abril desde fai xa 12 anos co gallo da chegada da primavera, pretende servir de encontro de distintas corais para intercambiar e compartir as aprendizaxes que adquiriron os alumnos e alumnas ao longo do ano, así como de espazo de divertimento.
O vindeiro 27 de abril celebrarase no salón de plenos da casa consistorial do concello, a asamblea xeral de delegados e delegadas parroquiais.
Ese mesmo día realizarase unha visita cultural á Casa do Home - Domus así como un "xantar de primavera" en O Carballo para todas as persoas maiores que queiran acudir.
Dende a Concellería de Cultura, Deportes de Participación Cidadá e a Concellería de Benestar Social e Promoción Económica desenvolverase durante dous venres ao mes, a partir do venres 25 de abril, en horario de 9.30h a 11.30h, un programa de visitas culturais dirixida aos alumnos do Centro Ocupacional. Estas visitas serán guiadas polo historiador do Concello anque o alumnado irá acompañado dos seus monitores.
O prazo de ingreso do imposto sobre vehículos de tracción mecánica será do 14 de marzo ao 20 de maio, de acordo coas normas de cobranza en período voluntario dos tributos municipais que a Deputación ten feito públicas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER