Almeiras acollerá esta fin de semana o II torneo de fútbol 8 con máis de 300 nenas e nenos no campo dos Loureiros

O campo dos Loureiros acollerá esta fin de semana o II torneo de fútbol 8 ‘Cabaleiro de Almeiras’ os días 31 de maio e 1 de xuño, no que se darán cita máis de 300 nenas e nenos de Culleredo e a comarca. Participarán seccións femininas e masculinas das categorías prebenxamín, benxamín e alevín dos conxuntos participantes. Os cruces e horarios daranse a coñecer esta tarde.

O goberno local aproba a gratuidade das ensinanzas do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo

O Conservatorio Municipal de Culleredo será gratuíto ao 100% para o alumnado. Trátase dunha decisión adoptada polo goberno municipal co fin de impulsar a educación musical de calidade no concello.

O programa 'Perros y letras' despídese por segundo ano das usuarias e usuarios de 'A Escada'

O programa "Perros y letras” de READ España, financiado polo Ministerio de Cultura do Goberno de España e o Concello de Culleredo, dixo adeus ao curso por segundo ano consecutivo no que se desenvolveu con persoas usuarias do Centro Ocupacional Municipal ‘A Escada’.

Reunión de traballo entre Concello e a ONG Mestura para coñecer máis de preto as súas liñas de actuación

Esta mañá, a concelleira de Cohesión Social, Marta Figueroa; a xefa de sección de Servizos Sociais Básicos da Administración e traballadora social, Sandra García e o técnico municipal da área de Servizos Sociais, Iosu López, reuníronse con traballadores da oenegué para coñecer máis de preto os proxectos que leva a cabo a entidade, que atende anualmente a 440 persoas en Culleredo, onde ademais atópase a súa sede.

Culleredo celebra o 17 de maio a súa Feira de Artesanía con 75 postos e baile e música galega

Concello de Culleredo organiza este venres 17 de maio a súa tradicional Feira de Artesanía, coincidindo co Día das Letras Galegas. Terá lugar na praza de Europa, O Burgo, en horario de 11.00 a 20.00 horas.

O programa 'Perros y letras' cumpre 4 anos nos centros públicos de Culleredo con máis de 100 alumnas e alumnnos

O programa 'Perros y letras' de READ España, financiado polo Ministerio de Cultura do Goberno de España e o Concello de Culleredo, cumpre 4 anos nos centros públicos do municipio, curso no que tamén se desenvolveu coas persoas usuarias do Centro Ocupacional Municipal ‘A Escada’.

'A máquina das emocións', concerto didáctico do profesorado do CMUS dentro do programa EducaCulleredo

O Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo acolleu esta mañá ‘A máquina das emocións’, un concerto didáctico por parte do profesorado para as nenas e nenos dos centros CEIP Plurilingüe Sofía Casanova, CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Plurilingüe Ría do Burgo e CEIP Plurilingüe Vila de Rutis, enmarcado no programa EducaCulleredo. Participaron un total de 294 nenas e nenos dos dous primeiros cursos de Educación Primaria.

O Concello pon en marcha a segunda edición do 'Culleredo, de cine' de novo da man de Hugh McGinley

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, porá en marcha proximamente a segunda edición de ‘Culleredo, de cine’ de novo co director Hugh McGinley. O programa pretende consolidar a ferramenta da curtametraxe nos colexios, centrándose nos adolescentes e preadolescentes do século XXI. Serán 5 as pezas que elaboren, que serán presentadas novamente na Cullerciencia 2024, con data de celebración o 8 de xuño.

O Concello e o Estado avanzan na reposición de vías e espazos afectados pola obra de dragaxe da Ría do Burgo

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, así como persoal técnico do Concello, reuníronse esta mañá coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o xefe da Demarcación de Costas do Estado, Carlos Gil; persoal técnico da Demarcación de Costas e técnicos da empresa adxudicataria dos traballos para acordar que pasos hai que dar para a perfecta adecuación do Paseo Marítimo.

O Concello e o Goberno concretan un conxunto de actuacións no Paseo Marítimo do Burgo para que quede en perfecto estado tras as obras

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, mantivo hoxe un encontro co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, para abordar diversas cuestións de interese para o municipio. Na  reunión tamén participaron a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a primeira tenente de alcalde, Cristina Pardo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina