O Concello convoca unha praza de persoal temporal para profesorado en operacións básicas de restaurante e bar

O Concello de Culleredo convoca unha praza de persoal temporal dun profesor/a nas especialidades de operacións básicas de restaurante e bar. Forma parte do Plan Formativo para o Emprego do 2024 que o Concello leva a cabo para persoas en situación de desemprego.

A cullerdense Daniela García Rey, campioa galega xuvenil de karate por cuarto ano consecutivo

A karateka Daniela García Rey, natural de Culleredo e na disciplina da escola Kárate-Do Carballo, proclamouse campioa galega xuvenil na categoría +52 kg por cuarto ano consecutivo, conseguindo subir ao primeiro posto do caixón nas categorías alevín, infantil e xuvenil. Celebrouse o pasado 10 de marzo no pavillón municipal Calabagueiros do Barco, Ourense.

Chegan as primeiras árbores ao novo recinto do Paseo Marítimo do Burgo

O novo recinto do Paseo Marítimo do Burgo, en Culleredo, acolleu esta mañá a primeira plantación simbólica de especies arbóreas, un total de 10 exemplares de Betula Alba e Sambucus Nigra que marcan o inicio da nova vida deste espazo tras as obras dragaxe do estuario.

O programa de reforzo 'Perros y Letras' afiánzase en Culleredo tras cumplir catro anos desde a súa implementación

O programa “Perros y Letras” de READ España afiánzase en Culleredo ao cumprirse catro anos desde a súa implementación.  Esta mañá celebrouse unha sesión con persoas usuarias do Centro Ocupacional ‘A Escada’ e a cadeliña Nala, xunto á súa educadora e guía Laura González, coordinadora do programa na provincia da Coruña.

Culleredo achega o teatro a varios centros do municipio da man de Elefante Elegante

O Concello de Culleredo, a través da concellería de Participación Cidadá e Deportes, está a achegar o teatro a varios centros do municipio da man de Elefante Elegante, e dentro da iniciativa ‘Teatralízate’.

O Concello conmemora o Día Internacional da Muller cun encontro feminista no Xardín Botánico

O Concello de Culleredo conmemorou esta mañá o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, cun encontro feminista no Xardín Botánico do Burgo. 

O espectáculo “Vicio houbo sempre”, pistoletazo de saída a unha nova tempada de Culleredo en Escena

O Concello de Culleredo pon en marcha unha nova tempada do ciclo de artes escénicas Culleredo en Escena. A programación comeza este sábado, 9 de marzo, con “Vicio houbo sempre”, de Atenea García, un espectáculo de narración oral que pertence á Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina