O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, organizou por segundo ano consecutivo un programa de formación en arbitraxe, cuxa condución correu a cargo do colexiado Diego Seoane, de Preferente Autonómica.
Con motivo da celebración das festas do San Xoán 2024, resulta necesario regular algúns aspectos da nosa convivencia cidadá. O presente bando vén a determinar as disposicións mínimas a cumprir para o mellor desfrute das festas das lumaradas de San Xoán.
O Concello de Culleredo, a través da Área de Xuventude, organizou por segundo ano consecutivo un programa de formación en arbitraxe, que conduciu o colexiado Diego Seoane, de Preferente Autonómica. A Administración local e o Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol xa iniciaran en febreiro de 2023 un proxecto pioneiro para promover esta vertente do deporte entre a mocidade do municipio.
O Concello de Culleredo, a través do CIPAX, organiza campamentos de verán para a mocidade. As actividades desenvolveranse do 1 ao 12 de xullo.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, clausurou esta mañá a segunda edición de ‘Culleredo, de cine’, cuxo obxectivo prioritario é o de consolidar a ferramenta da curtametraxe nos colexios, centrándose nos adolescentes e preadolescentes do século XXI.
O Concello de Culleredo e o CEIP Ría do Burgo presentaron hoxe a sexta edición de Cullereciencia, unha feira xa consolidada en Galicia e que reúne cada ano máis participación. Será este sábado, 8 de xuño, de 12.00 a 19.00 horas na explanada do paseo marítimo do Burgo.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, declarou a emerxencia sanitaria, segundo as facultades que confire a lei, ante o ERTE da empresa concesionaria da limpeza de edificios e viaria sobre o 100% dos traballadores. A medida permite a contratación de urxencia da prestación. Ademais, o Concello encargou un servizo extraordinario para limpar esta fin de semana os centros escolares.
Esta mañá presentouse a III edición do campus de baloncesto ‘Alberto Corbacho’, que se desenvolverá integramente en instalacións deportivas de Culleredo e que reunirá ao redor da canastra a unha trintena de nenas e nenas do municipio.
O campo dos Loureiros acollerá esta fin de semana o II torneo de fútbol 8 ‘Cabaleiro de Almeiras’ os días 31 de maio e 1 de xuño, no que se darán cita máis de 300 nenas e nenos de Culleredo e a comarca. Participarán seccións femininas e masculinas das categorías prebenxamín, benxamín e alevín dos conxuntos participantes. Os cruces e horarios daranse a coñecer esta tarde.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER