O Concello calibra os semáforos da obra de Vilaboa facendo especial fincapé nos tramos horarios de entrada e saída dos colexios

O Concello de Culleredo continúa traballando na obra de Vilaboa para dar resposta ás necesidades das veciñas e veciños da zona. Esta mañá procedeuse ao calibrado dos semáforos da parte baixa da vía, próximos á nova rotonda do olivo, facendo especial fincapé nos momentos de entrada e saída dos centros educativos.

Culleredo celebrou a primeira sesión do seu XXIII Pleno Infantil

O Concello de Culleredo celebrou esta mañá a primeira das dúas sesións do seu tradicional Pleno infantil, cando se cumpren 23 anos desde que tivese lugar a primeira edición dunha actividade que se enmarca dentro do programa educativo municipal EDUCACULLEREDO.

Un parque temático e o circo de Rody Aragón encherán de maxia o Nadal de Culleredo

Culleredo acollerá desde o venres 1 de decembro, un parque temático do Nadal con diferentes atraccións e o gran circo de Rody Aragón. O Winter Park estará situado no Burgo, na chaira do paseo marítimo, lugar que acolleu a presentación do evento.

O Concello de Culleredo impulsa novamente a campaña solidaria para que ningún neno e nena se quede sen o seu xoguete nestas Festas

O Concello de Culleredo, a través da Oficina de Voluntariado e en colaboración coa ONG ‘Reyes Magos de verdad’, promove un ano máis a campaña solidaria de Nadal dirixido a apelar á colaboración veciñal para que ningún neno e nena do municipio quede sen o seu xoguete de Reis. Artéllase baixo o lema ‘Tócache a ti. Tócanos a tod@s’.

Comezan as xornadas sobre educación ambiental do programa EDUCACULLEREDO para a rapazada dos colexios públicos

O Concello de Culleredo está a impulsar desde hoxe xornadas sobre educación ambiental para os escolares do municipio. Beneficiaranse do mesmo un total de 395 nenas e nenos do CEIP Ría do Burgo, CEIP Sofía Casanova e CEIP Vila de Rutis. Están emarcadas no programa ‘EDUCACULLEREDO’.

 

Lista de persoas admitidas nas Xornadas Micolóxicas 2023 do Concello de Culleredo

Consulta aquí a lista de pesoas admitidas nas Xornadas Micolóxicas 2023 do Concello de Culleredo e que darán comezo hoxe, xoves 23 de novembro, ás 20:00 horas no Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso. 

Lista de persoas admitidas nas Xornadas Micolóxicas 2023 do Concello de Culleredo

Consulta aquí a lista de pesoas admitidas nas Xornadas Micolóxicas 2023 do Concello de Culleredo e que darán comezo hoxe, xoves 23 de novembro, ás 20:00 horas no Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso. 

O Concello de Culleredo oferta un campamento de Nadal para facilitar a conciliación

O Concello de Culleredo aposta de novo por proporcionar á veciñanza unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións escolares de Nadal. O CEIP Vila de Rutis acollerá un campamento urbano do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, fóra de fins de semana e festivos, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.

O Concello propón unha nova edición das 'Xornadas micolóxicas' para finais de novembro

O Concello de Culleredo propón para finais de novembro unha nova edición das súas ‘Xornadas micolóxicas’. Celebraranse do 23 ao 25 deste mes, e dentro do programa as persoas inscritas poderán acudir a varias charlas, unha saída de campo e o showcooking final. Estarán dispoñibles 30 prazas, sendo a maior parte de actividades no Centro de Formación e Emprego Pablo Picasso.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina