O programa “Perros y Letras” de READ España afiánzase en Culleredo ao cumprirse catro anos desde a súa implementación. Esta mañá celebrouse unha sesión con persoas usuarias do Centro Ocupacional ‘A Escada’ e a cadeliña Nala, xunto á súa educadora e guía Laura González, coordinadora do programa na provincia da Coruña.
O Concello de Culleredo, a través da concellería de Participación Cidadá e Deportes, está a achegar o teatro a varios centros do municipio da man de Elefante Elegante, e dentro da iniciativa ‘Teatralízate’.
O Concello de Culleredo conmemorou esta mañá o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, cun encontro feminista no Xardín Botánico do Burgo.
O Concello de Culleredo pon en marcha unha nova tempada do ciclo de artes escénicas Culleredo en Escena. A programación comeza este sábado, 9 de marzo, con “Vicio houbo sempre”, de Atenea García, un espectáculo de narración oral que pertence á Rede Cultural da Deputación da Coruña.
O Concello de Culleredo prepárase para a conmemoración do Día Internacional da Muller, o vindeiro venres 8 de marzo, con exposicións, obradoiros, encontros sociais, faladoiros en Radio Culleredo e unha andaina.
O Concello de Culleredo organiza unha nova edición do Campamento de Primavera, que neste 2024 terá como elemento central os Xogos Olímpicos. “Cullerolimpíadas” desenvolverase durante os días de Semana Santa, concretamente o 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril no CEIP Vila de Rutis en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O Concello de Culleredo quixo agradecer esta mañá, de man do concelleiro de Promoción Económica, Juan Carlos Lovelle, e de Comercio, Mario Iglesias, o labor das persoas que integraron a brigada social no municipio. Ambos os edís entregáronlles un detalle para recoñecer a súa achega durante os últimos meses, agora que conclúe esta décima edición do programa.
A realización das obras de rehabilitación da praza de Galicia, no Burgo, implicarán desde o luns, 26 de febreiro, unha afección ao tránsito peonil e rodado na confluencia da avenida de Galicia con Alexandre Bóveda.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER