O Concello de Culleredo propón adicar un investimento de 160.000 euros á renovación da rúa Irmáns Suárez Ferrín, na Corveira. Trátase dunha vía residencial que comunica a avenida de Cordeda coa rotonda de Amparo López Jean, cun elevado tránsito.
Os voluntarios de Protección Civil de Culleredo impartiron esta tarde un curso de primeiros auxilios ao profesorado da Galiña Azul de O Burgo. Celebrouse nun dos salóns do centro, de 17:00 a 19:00 horas. Á sesión asistiron unha ducia de profesores e profesores.
O Concello de Culleredo informa de que a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, do día 6 de febreiro de 2023 tratará como o acto público o punto 2, sobre a liquidación do contrato de explotación do complexo deportivo no monte Costa.
A arbitraxe comeza a ter canteira en Culleredo. O Concello e o Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol comezaron hoxe o proxecto pioneiro para promover esta vertente do deporte entre os mozos do municipio.
O Concello de Culleredo, ante a presenza de varios niños de procesionaria no Paseo Marítimo, concretamente na contorna da Cros, decidiu perimetrar varias coníferas para así impedir o paso a humanos e animais, imposibilitando con esta medida calquera prexuízo que lles poida causar.
Celebraranse sesións para escolares de Educación Primaria en febreiro e marzo do CEIP Plurilingüe de Tarrío, CEIP Vila de Rutis e CEIP Plurilingüe Ría do Burgo.
O Concello de Culleredo está a executar unha importante actuación de renovación de servizos na parroquia de Sésamo. Trátase da ampliación e mellora tanto da drenaxe como da pavimentación de As Nabeiras.
Cristina Pardo Portos forma parte, desde esta tarde, da corporación do Concello de Culleredo tras tomar posesión no Pleno ordinario celebrado esta mañá, en substitución de Guadalupe Pombo, presente na sesión e quen desexou “toda a sorte do mundo” á recentemente nomeada edila.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER