Culleredo acolleu esta mañá a segunda reunión de carácter intermunicipal coa Laracha, Arteixo, Carballo e A Coruña para definir os temas e desafíos que, de maneira conxunta, cren que se debe incorporar ao debate da súa propia estratexia territorial.
O Concello de Culleredo, a través da concellaría de Educación, retoma o programa "Perros e letras” de READ España, que esta vez se desenvolverá nos centros públicos CEIP Plurilingüe de Tarrío, CEIP Vila de Rutis e CEIP Plurilingüe Ría do Burgo.
Os escolares de 5º de Educación Primaria de Culleredo traballarán por primeira vez a ecopercusión con talleres prácticos de dúas horas de duración. Nesta actividade, o alumnado aprenderá a facer unha ‘batukada’ a partir de materiais de refugallo, como botellas ou botes de pintura.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e o edil de Comercio, Mario Iglesias, fixeron entrega esta mañá dos tres premios que acreditan aos mellores escaparates no III Concurso de Escaparatismo de Nadal Concello de Culleredo, no que non só resultaron premiadas as mellores composicións, senón tamén os veciños e veciñas, cun sorteo final de 20 premios valorados en 50 euros cada un, que deberán ser gastados nalgún dos comercios adheridos á campaña.
O Concello de Culleredo, a través da concellería de Maiores, despediu esta mañá o programa ‘Volta activa’, cuxo obxectivo primordial era o de achegar ás veciñas e veciños as rutinas sinxelas para a práctica do exercicio diario, fomentando así hábitos saudables.
O Concello de Culleredo dá un paso máis na modernización da antiga Nacional 550, unha vez obtivo a súa cesión por parte do Estado, para convertela en avenida urbana. Ás obras que se están acometendo actualmente en Vilaboa, súmase a renovación da vía o seu paso pola Corveira, que se adxudicou por un total de 233.317 euros.
A Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional admitiu a trámite o recurso presentado polo Concello de Culleredo contra a resolución do Ministerio de Transportes sobre a revisión do Plan Director de Alvedro. Así o indica no auto con data do pasado 20 de decembro.
O Concello de Culleredo, no marco de creación, renovación e mellora das infraestruturas municipais, adxudicou os traballos de renovación das vías Visitación de la Encina, Poeta Luz Pozo, Avenida de Ribados e Gumersindo Pereira Nouche por un importe de 231.128, 32 euros.
O Concello de Culleredo finalizou un ano máis a súa campaña de dinamización e fomento das compras do Nadal no comercio local ‘Rasca e Gaña’, na que se repartiron máis de 100.000 papeletas que daban acceso a máis de 3.000 premios directos.
Ledoño e a contorna do Val de Veiga terán un gran espazo cuberto para propiciar o desenvolvemento das actividades veciñais con independencia das condicións meteorolóxicas.
O Concello de Culleredo adxudicou a obra para cubrir a pista deportiva situada en Ledoño, no complexo formado polo parque infantil, a escola unitaria e a área recreativa, que contará cun orzamento basee de 412.118,57 euros.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER