O Concello de Culleredo abre este luns, 28 de agosto, o prazo de preinscrición das escolas municipais culturais e deportivas. Rematará o 5 de setembro. Poderá realizarse tanto de maneira presencial, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, como no correo escolasmunicipais@culleredo.es, en ambos os casos sendo condición indispensable presentar o formulario debidamente cuberto e asinado.
O Concello de Culleredo reabriu ao tráfico a rúa Vicente Risco, tras cortala polas obras da nova glorieta de Vilaboa, traballos de renovación da intersección da devandita rúa e Domingo Sierra coa avenida, onde se está a construír unha glorieta.
Entre o 16 de agosto e o 10 de setembro desputaranse catro competicións, repartidas entre o campo do Burgo, Rutis e Almeiras: o XLIV Trofeo de Fútbol Afeccionado, o XXIV Trofeo de Fútbol de Veteráns, o VIII Trofeo de Fútbol Base e o IV Trofeo de Fútbol Feminino.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, aposta pola toma de medidas conxuntas entre os Concellos que captan auga do encoro de Cecebre ante a situación de seca prolongada.
Continúa desenvolvéndose con motivo das vacacións de verán o programa municipal "Mañás de campamento 2023", impulsado para facilitar a conciliación ás familias de Culleredo.
As festas do Burgo desenvólvense do 21 ao 26 de xullo e o Concello de Culleredo contará cun operativo especial de seguridade e tráfico.
A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica – Agaela, con sede en Culleredo desde 2017 e preto de 550 membros asociados, aumenta o seu número de socios ano a ano, brindando apoio ás familias que se atopan convivindo cun diagnóstico de ELA. Só neste último ano, a entidade chegou a atender a máis de 130 familias.
Este verán poderás practicar balonmán co Club Balonmán Culleredo es diferentes espazos do concello, ata o 13 de agosto.
Desde o Concello de Culleredo informamos de que, entre os días 25 e 28 de xuño, en horario de 22:30 a 6:30 horas, haberá afectacións de tráfico na Avenida Miguel González Garcés debido ós traballos de pavimentación.
O luns 26 de xuño iníciase o programa municipal de conciliación MAÑÁS DE CAMPAMENTO que se desenvolverá durante as vacacións de verán nas dúas instalacións previstas.
O Concello de Culleredo despediu hoxe, mércores 14 de xuño, as actividades cardiosaudables para maiores e anuncia un novo programa de verán, o ‘Verán movidiño’, que se organizará do 3 de xullo ao 29 de setembro en Fonteculler, Celas, Tarrío, Sueiro, O Burgo e Vilaboa.
O Club de Natacion As Mariñas oferta dous cursos intensivos de natación para o mes de xullo 2023, no Parque Acuático de Acea de Ama.
Desde a área de Xuventude do Concello de Culleredo preténdese regular as bases a participación nos campamentos do CIPAX para este verán 2023.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER