O Concello de Culleredo prepárase para a conmemoración do Día Internacional da Muller, o vindeiro venres 8 de marzo, con exposicións, obradoiros, encontros sociais, faladoiros en Radio Culleredo e unha andaina.
O Concello de Culleredo organiza unha nova edición do Campamento de Primavera, que neste 2024 terá como elemento central os Xogos Olímpicos. “Cullerolimpíadas” desenvolverase durante os días de Semana Santa, concretamente o 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril no CEIP Vila de Rutis en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O Concello de Culleredo quixo agradecer esta mañá, de man do concelleiro de Promoción Económica, Juan Carlos Lovelle, e de Comercio, Mario Iglesias, o labor das persoas que integraron a brigada social no municipio. Ambos os edís entregáronlles un detalle para recoñecer a súa achega durante os últimos meses, agora que conclúe esta décima edición do programa.
A realización das obras de rehabilitación da praza de Galicia, no Burgo, implicarán desde o luns, 26 de febreiro, unha afección ao tránsito peonil e rodado na confluencia da avenida de Galicia con Alexandre Bóveda.
A Demarcación de Costas do Estado emprendeu esta mañá uno dos últimos pasos na rexeneración ambiental da ría do Burgo. Un gran guindastre, visible desde toda a contorna do estuario, traballa hoxe na renovación de sedimentos da lagoa de Fonteculler.
A Asociación Galega de Técnicos de Emerxencia, ASGATE, e o Concello de Culleredo realizaron hoxe unha formación en primeiros auxilios ao alumnado do colexio Vila de Rutis. En concreto participaron 150 estudantes de terceiro a sexto de Educación Primaria que recibiron nocións básicas de como actuar ante situacións cotiás de emerxencia.
A rede de alumeado público da Avenida de Almeiras, desde a Funeraria Apóstol ata os arredores do bar Aldea, sufriu nas últimas horas unha forte sobre tensión que afectou a gran parte das súas luminarias.
O Concello de Culleredo prepárase para impartir o certificado de profesionalidade de 'Operacións básicas de restaurante e bar', formación que está previsto, comece en marzo no Centro Municipal de Formación 'Pablo Picasso'.
O Concello de Culleredo prepárase para recibir o seu Entroido con dinamización para pequenos e maiores. Haberá festas os días 9 e 10 de febreiro, así como animación nos centros sociais municipais entre os días 10 e 13 de febreiro.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e a tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Cristina Pardo, recibiron esta mañá a Santiago Pichel Arca, novo Xefe da Primeira compañía da Comandancia da Garda Civil da Coruña.
O Salón de Plenos do Concello de Culleredo acolleu a recepción institucional aos deportistas e técnicos do Balonmán Culleredo que participaron a primeira semana de xaneiro no CESA, Campionato de España de Seleccións Autonómicas, celebrado en Cataluña entre o 2 e o 7 deste mes.
O Concello de Culleredo apostou de novo durante o período non lectivo de Nadal por proporcionar aos veciños e veciñas unha alternativa de lecer educativo. O CEIP Vila de Rutis acolle ata mañá un campamento urbano dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
A chegada dos Reis Magos producirase ao grande en Culleredo. O Concello organiza a Cabalgata do día 5 cun percorrido pola mañá na zona rural e outro pola tarde na zona urbana, ademais das visitas das súas Maxestades aos centros sociais.
O Concello de Culleredo continúa a campaña para animar a realizar as compras de Nadal no tecido de establecementos locais. Segue o tradicional sistema do “rasca e gaña”, con premios instantáneos para a clientela.
ONG Mestura está de celebración co 20 aniversario da entidade, dúas décadas traballando pola inclusión social, orientando, informando e acompañando as persoas migrantes na Área Metropolitana da Coruña, a Mancomunidade de Ordes e a Comarca de Betanzos.
O Concello de Culleredo deu a coñecer esta mañá a programación ao completo para as Festas de Nadal, na que se recollen actividades para pequenos e maiores. As visitas de Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos aos centros sociais, o Desfile de Reis, teatro, contacontos, concertos de panxoliñas, deporte e solidariedade destacan no compendio de posibilidades ofrecidas pola Administración local.
Nos meses de outubro, novembro e decembro Alcer Coruña levou a cabo un total de 7 obradoiros no concello de Culleredo impartidos por un total de 5 profesionais, tres profesionais do Traballo Social, unha profesional de Terapia Ocupacional e unha profesional de Nutrición.
O Concello de Culleredo inaugurou esta mañá un novo programa de emprego nas especialidades de carpintería e operacións básicas de revestimentos lixeiros, baixo a denominación de Culleredo Activo II. Permitiu a contratación de 25 persoas en conxunto co Concello da Coruña.
O Concello de Culleredo organiza unha campaña para animar a realizar as compras de Nadal no tecido de establecementos locais. Seguirá o tradicional sistema do rasca e gaña, con premios instantáneos para os clientes, a partir do 5 de decembro.
Abriu o período de elección do mellor escaparate de Nadal deste ano. O IV Concurso de Escaparatismo de Nadal ten xa activa a web, www.omellorescaparatedeculleredo.com, coa galería de fotos dos establecementos participantes e a posibilidade de votar á favorita dos veciños.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER