Artesanía, alimentación, animación de rúa e moita música en directo do 30 de xuño ao 3 de xullo no paseo marítimo do Burgo.
A iniciativa traballa por visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e, co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais.
O evento desenvolverase do 1 ao 4 de xullo na aula da natureza Juan Lembeye do xardín botánico do Burgo.
O Concello de Culleredo organiza o domingo, 19 de xuño, ás 11.00 horas, no polideportivo do Burgo os festivais municipais de ximnasia rítmica e patinaxe. No evento poderase gozar do espectáculo de humor de Peter Punk. O acceso é gratuito.
A xornada desenvolverase o sábado, 18 de xuño, a partir das 11:00 horas na explanada do paseo marítimo do Burgo cun catálogo repleto de actividades para achegar a ciencia a todos os públicos.
O Concello de Culleredo, a través do CIPAX, organiza campamentos de verán para a mocidade. O prazo de preinscrición estará aberto do 4 ao 12 de xuño. As actividades desenvolveranse do 4 ao 15 de xullo.
O Concello de Culleredo presentou esta mañá a Cullerciencia, que se celebrará o próximo 18 de xuño no Paseo Marítimo do Burgo, de 11:00 a 20:00 horas. Esta idea emana do propio alumnado. Contará con varios espazos diferenciados. Haberá unha área de exposicións destinada ao alumnado, para que mostre as súas creacións científicas. E outro para as institucións. Programaranse charlas de ciencia, con personalidades do ámbito. Será o caso de Jorge Mira ou de Margarita Poza.
O Concello de Culleredo, en virtude da mellora dos servizos administrativos municipais, comunica que a actividade do padrón estará inactiva de cara o público os días 6 e 7 de xuño.
O Concello de Culleredo habilitará esta fin de semana un dispositivo especial para asegurar o estacionamento na Tarriomería e a Final 4 de balonmán, xa que se prevé unha gran afluencia de público en ambos eventos.
Sumarase ás actuacións de lejandro Vargas Trío, Volando Libre, Zumaque Trío, Zafra, Pablo Sanmamed Trío e No Reply
A corporación do Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 19 de maio, unha sesión extraordinaria do Pleno, ás 9:30 horas.
O Concello de Culleredo celebra á súa Feira de Artesanía este martes, 17 de maio e Día das Letras Galegas, con 83 postos na praza Europa. Desde as 11:00 horas e ata as 20:00 horas, as e os asistentes poderán comprobar de primeira man como manufactureros e manufactureras locais e chegados de toda Galicia expoñen produtos feitos en coiro, vimbio ou vidro. Haberá durante a xornada actuacións musicais e espectáculos de maxia e teatro.
O Concello de Culleredo confirma que Alejandro Vargas Trío formará parte do programa do Burgojazz 2022 nunha edición que recuperará o seu formato tradicional
O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, a IX Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 15 de maio. A proba forma parte do VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER