O Concello de Culleredo adxudicou a actuación de mellora viaria no núcleo de Laxe, parroquia de Rutis. Concretamente, renovaranse as vías VP-23 e VP-29, por un valor de 162.490 euros.
Finita Gay xa forma parte do patrimonio inmaterial de Culleredo coa súa homenaxe no Castelo Conta, que tivo lugar onte, martes 23 de agosto, con inauguración do mural conmemorativo á súa figura, que como muller da época marcou un antes e un despois a nivel cultural, social ou empresarial.
O Concello de Culleredo abriu hoxe o prazo de preinscrición para as actividades culturais e deportivas 2022-2023. Será efectivo desde hoxe, 22 de agosto, e ata o 7 de setembro, por correo electrónico escolasmunicipais@culleredo.es.
O Concello de Culleredo adxudicou o proxecto de implantación de eficiencia enerxética nos bombeos de augas residuais, unha das instalacións que empregan maior electricidade e de forma continuada. Consistirá na substitución das bombas actuais por unhas novas dotadas de motores eficientes e regulación electrónica.
Mañá dará comezo o XLIII trofeo de fútbol afeccionado ‘Concello de Culleredo’, e farao co encontro que disputarán en Rutis o Olímpico de Rutis CF “A” e o Sporting Burgo, ás 21:00 horas. A final celebrarase o día 3 de setembro ás 18:00 horas no campo de Rutis.
A corporación do Concello de Culleredo celebrará o vindeiro xoves, 18 de agosto e ás 10:00 horas, un Pleno ordinario coa seguinte orde do día:
O Concello de Culleredo en colaboración coa Deputación da Coruña e a Asociación de comercios de Culleredo, organiza os días 17 e 18 de setembro unha feira de oportunidades.
O Concello de Culleredo organizará desde setembro un novo obradoiro de emprego en conxunto co Concello da Coruña. A Xunta de Galicia acaba de conceder a realización da iniciativa, tal e como explicou o alcalde, José Ramón Rioboo, na clausura da anterior formación, tamén desenvolta coa cidade herculina.
O Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 28 de xullo e ás 13:30 horas, unha sesión ordinaria do Pleno da corporación.
O Concello de Culleredo celebra o 26 de xullo de 2022 ás 10.00 horas a sesión extraordinaria do pleno. Podes seguila aquí
Regresan as festas patronais do Burgo comezan mañá, xoves 21 de xullo coa previsión de traer miles de persoas a Culleredo. Son un dos festexos referencia en Galicia, e os veciños espéranas con expectación. Combinarán as verbenas, cos postos ou as grandes atraccións.
Desde o pasado 27 de xuño, 320 nenas e nenos de Culleredo xa gozan do programa Mañás de campamento, impulsado polo Concello e co que se busca facilitar a conciliación, así como dinamizar espazos formativos para aprender dunha maneira sa nun período non lectivo como é o verán.
Vilaboa vivirá desde este sábado, día 9 de xullo, e ata o martes 12, unha ampla programación nas festas patronais que organiza a Comisión. Agárdase a afluencia de miles de persoas de Culleredo e arredores, polo que os festexos contarán cun dispositivo especial de seguridade da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.
O coñecido actor e pallaso Pepe Viyuela impartirá un curso presencial de clown en Culleredo os días 13, 14 e 15 de setembro. Será no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 16:00 a 20:00 horas a primeira xornada, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas a segunda e de 10:00 a 14:00 horas a última.
Culleredo dispoñerá dun dispositivo de seguridade para este venres, 1 de xullo, debido ao concerto de Mago de Oz, previsto para as 23 horas no paseo da ría do Burgo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER