Actualidad

O Conservatorio Municipal de Culleredo acollerá o vindeiro 24 de setembro a estrea das variacións sobre 'Rosa de Abril'

O Conservatorio Municipal de Culleredo acollerá o próximo 24 de setembro a estrea das variacións sobre “Rosa de Abril”, de Juan Durán, un concerto que forma parte da Programación Xacobeo 21-22.

Aberto un carril de circulación para acceder ao Vila de Rutis con motivo do comezo do curso escolar

Mañá, xoves día 9 de setembro, terá lugar o comezo dun novo curso escolar. Con motivo das obras que se están acometendo baixo a ponte da AP-9 e coincidindo co inicio do curso escolar, habilitarase un carril de circulación para vehículos a motor que dea acceso ao CEIP Vila de Rutis desde a rotonda da DP-3107, a carón do Eroski Center. 

 

Novos horarios para as bibliotecas de Culleredo

As bibliotecas Miguel González Garcés, do Burgo, e Cardeso Liñares, de Vilaboa, contarán cun novo horario a partir do 16 de setembro. 

O Xardín Botánico do Burgo acollerá o sábado o proxecto Mestura no Camiño

O Xardín Botánico do Concello de Culleredo acollerá este sábado, 4 de setembro e desde as 11:00 horas, o programa de actividades dentro do proxecto "Mestura no Camiño", financiado pola Xunta de Galicia, e cuxo obxectivo é o de facilitar a relación entre a poboación e a cultura, posibilitando o desenvolvemento e a participación social, así como o intercambio de experiencias vividas no Camiño Inglés. Este proxecto forma parte do programa ‘O Teu Xacobeo’ da Xunta de Galicia.

O Concello continúa impulsando medidas para apoiar o comercio local de Culleredo

Nace unha nova campaña, Quero Culleredo, que dará comezo o 6 de setembro e repartirá 2000 euros en tarxetas regalo

RENOVACIÓN DNI 9 E 10 DE SETEMBRO EN CULLEREDO

O equipo de expedición do DNI estará no noso municipio durante os días 9 e 10 de setembro.

HORARIOS DO PUNTO LIMPO MÓBIL PARA SETEMBRO 2021

Consulta aquí os horarios do punto limpo móbil para o mes de setembro 2021 na nosa localidade. 

O Consorcio As Mariñas presenta a súa campaña a "Sigue a corrente sostible"

O Consorcio As Mariñas presenta a súa campaña a "Sigue a corrente sostible".

Rioboo abordou con Miñones o futuro do Vial 18, a ría do Burgo e a fábrica La Cros na súa primeira visita oficial a Culleredo

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, recibiu na mañá de hoxe ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, na súa primeira visita oficial ao Concello. Acudiu xunto coa subdelegada na Coruña, María Rivas, para abordar asuntos clave para o municipio de acordo co Goberno do Estado. 

Orde do día do pleno de xullo de 2021

O Concello de Culleredo convoca a sesión ordinaria do pleno da corporación para o xoves 29 de xullo ás 13.30 horas. A reunión poderase seguir pola canle municipal de YouTube.

Rioboo reúnese co conselleiro de Economía para marcar a pauta de colaboración na rehabilitación das naves da Cros

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, reuniuse esta mañá en Santiago de Compostela co vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, para marcar a pauta de colaboración e desenvolvemento no proxecto de rehabilitación das naves da antiga fábrica da Cros.

Os campamentos para a conciliación de Culleredo, en marcha con 250 crianzas

O Concello de Culleredo retoma este verán os campamentos de conciliación tras o parón da tempada pasada por mor da pandemia. Nesta ocasión, coa regulación e limitacións especificadas por  Sanidade, foi posible ofrecer unha actividade moi demandada desde hai máis de 20 anos polas familias do municipio.

O Concello de Culleredo e a Deputación rubrican o acordo de colaboración para o financiamento do centro ocupacional A Escada

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, asinaron esta mañá no pazo provincial o convenio de colaboración para o financiamento do centro ocupacional A Escada, o único destas características da área metropolitana e ao que acode alumnado de todos os puntos da contorna.

O Concello de Culleredo insístelle aos propietarios das fincas privadas na urxencia da realización da limpeza

O Concello de Culleredo insiste na necesidade de que os propietarios das leiras privadas teñen o deber de realizar as limpezas correspondentes aínda a pesar de que non recibisen notificación da Administración local.

 

O Concello adxudica importantes intervencións nas zonas rurais e urbana cun valor de 285.000 euros

O Concello de Culleredo adxudicou importantes intervencións en materia de seguridade viaria e renovación de infraestruturas tanto nas zonas rurais como na urbana cun valor de 284.337,30 euros.

Serán cofinanciadas coa Unión Europea a través dos fondos FEDER. Trátase da renovación do parque infantil da praza Europa, a reforma e ampliación do centro cívico e social de Sueiro e a mellora da seguridade viaria nas zonas escolares de Culleredo.

Comeza o cribado poboacional mediante probas de antíxenos en Culleredo

O Centro de Saúde do Portádego acolleu esta tarde as primeiras probas de antíxenos destinadas á poboación de Culleredo entre os 18 e os 35 anos, e que continuarán mañá, sábado 10 de xullo. 

Finalizadas as obras de humanización da avenida Ribados, en pleno corazón residencial do Burgo, tras un investimento de 252.000 euros do Plan Único

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Culleredo e deputado provincial, José Ramón Rioboo, visitaron esta mañá a recentemente renovada avenida de Ribados, situada no corazón do Burgo. A modernización da vía, efectuada polo Concello co financiamento provincial, supón unha mellora integral en canto a funcionalidade e estética.

A Policía Local intervén en tres conatos de botellón na madrugada do sábado

A Policía Local de Culleredo, tras a activación dun novo dispositivo de seguridade para reforzar a vixilancia tanto na contorna rural como no urbano para evitar reunións entre grupos de mozos que incumpran as restricións marcadas por Sanidade, interviu na madrugada do sábado ata en tres conatos de botellón.
 

Aberto o prazo para reservar as entradas para 'Entreculturas no xardín'

Xa se poden reservar as entradas para 'Entreculturas no xardín', que se celebrará do 7 ao 9 de xullo, con tres novas sesións de cine.

Culleredo dará a benvida mañá a un Mercado Templario que será visitable ata o vindeiro domingo

O Mercado Templario de Burgo de Faro arrincará mañá, un evento que será  visitable ata o vindeiro domingo e no que se darán cita ata 90 postos. O  Concello de Culleredo retoma a cita, xa consolidada como elemento dinamizador do municipio, tras a suspensión do ano pasado polos efectos da pandemia.

 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina