Actualidad

Nova edición do Campionato de Tute "Concello de Culleredo"

O Concello de Culleredo comeza este mes de decembro unha nova edición do Campionato de Tute, que congrega cada ano a ducias de veciños. A primeira fase desenvolverase ata o mes de marzo nas diferentes asociacións veciñais.

O Concello de Culleredo lanza unha campaña de recollida de xoguetes

A área municipal de Cooperación e Voluntariado lanzou unha campaña de recollida de xoguetes con obxecto de achegar as festas do Nadal a todos os nenos do municipio. Estará aberta ata o venres 20 de decembro. Os xoguetes poden depositarse nas caixas habilitadas nos centros escolares e dependencias municipais.

O Concello e ASEM analizaron as TIC adaptadas para persoas con dependencia

A Concellaría de Sanidade e ASEM desenvolven o I Ciclo Formativo Sociosanitario. O venres pasado tivo lugar a cuarta xornada deste ciclo, que versou sobre os recursos TIC e as novas tecnoloxías adaptadas ás persoas con dependencia.

O Concello aproba o Plan de Obras 2014 centrado en modernizar rúas e unha pista deportiva

O goberno de Culleredo centra o Plan de Obras na mellora das infraestruturas viarias en núcleos urbanos do municipio. A proposta aprobada polo pleno da corporación consta de 502.240,17 euros, dos que o equipo de goberno reserva o 85% para investimentos.

O Concello organiza unha festa solidaria para apoiar o traballo das ONG

Culleredo prepárase para a súa xornada máis solidaria. O Concello e varias ONG organizan este sábado, 30 de novembro, a Festa Solidaria, un evento cargado de actividades para persoas de todas as idades coas miras postas en colaborar coas entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento do seu labor.

Culleredo rexeita a violencia de xénero con 'tweets' e cuñas de radio feitas por alumnos do IES

O Concello de Culleredo conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero mediante concursos de 'tweets' e de cuñas de radio, formas elixidas pola Concellaría de Muller para levar a cabo este ano a sensibilización e que acadaron a participación masiva de alumnos do IES Blanco Amor.

O parque Sofía Casanova de Vilaboa estrea nova cara

Os veciños de Vilaboa xa gozan das prestacións do parque Sofía Casanova, reestreado este fin de semana tras as obras de remodelación acometidas polo Concello de Culleredo.

Culleredo participará o sábado na II Andaina contra a Violencia de Xénero do Consorcio As Mariñas

Culleredo participará o sábado, 23 de novembro, na II Andaina contra a Violencia de Xénero que organiza o Consorcio As Mariñas no paseo fluvial de Arteixo a partir das 10.30 horas. O Concello disporá autobuses para o transporte se existe demanda.

O goberno de Culleredo presenta uns orzamentos á alza con gastos “realistas” para o benestar do veciño

A eficacia na xestión dos recursos municipais e a coordinación entre as áreas permiten ao Concello de Culleredo presentar uns orzamentos para o ano 2014 cun crecemento dun 2,49% con respecto ao presente exercicio.

Culleredo recoñece á pequena Noelia Bacariza, seis veces campiona galega de ximnasia artística

Con só 12 anos de idade, a pequena Noelia Bacariza xa conta no seu haber con 6 campionatos galegos en ximnasia artística. Con motivo da súa recente vitoria, a deportista foi recibida polo alcalde, Julio Sacristán, nun acto celebrado para recoñecer os seus meritorios resultados.

O Concello leva unha mostra de consumo responsable aos institutos

O Concello de Culleredo continúa o seu traballo de sensibilización sobre o consumo responsable. Nesta ocasión, leva unha exposición do Fondo Galego directamente a centros educativos do municipio.

Renovada a rede de abastecemento e a pavimentación do núcleo do Cubo

O Concello continúa co seu plan de mellora das infraestruturas básicas do municipio. Neste caso, o goberno local acaba de finalizar traballos para modernizar a rede de abastecemento e a pavimentación no Cubo, parroquia de Culleredo.
 

A Policía Local estrea servizo de paisano localizando a unha muller que tiraba lixo na rúa Hersa

A Policía Local de Culleredo identificou a unha veciña do Burgo que depositaba o lixo na rúa Hersa, o que xeraba importantes molestias na zona. Unha patrulla de paisano comprobou que a maior parte dos veciños depositan de forma correcta o lixo nos colectores da avenida de Ribados.

O Concello crea un novo aparcadoiro para o Xardín Botánico do Burgo

O Xardín Botánico do Burgo aumenta as prestacións aos usuarios. A elevada actividade cultural e educativa que acolle a instalación, que alberga ademais a aula de Natureza "Juan Lembeye", levou ao goberno de Culleredo a tomar a decisión de crear un aparcadoiro específico para a dependencia.

O Concello organiza un curso de escaparatismo para o comercio local

O Concello de Culleredo organiza este mes de novembro un curso de escaparatismo destinado aos comercios e perruquerías do municipio. O obxectivo consistirá en preparar aos comerciantes para deseñar o seu escaparate de acordo coas características da época.

Culleredo celebra en Vilaboa a súa VIII Mostra de Corais

O Concello de Culleredo celebra o sábado 9 de novembro, a tradicional Mostra de Corais, que reúne cada ano a agrupacións procedentes de diferentes partes de Galicia. O certame alcanza a súa edición VIII.

O Concello de Culleredo fórmase na compra pública responsable

O Concello de Culleredo busca introducir o concepto de ética nos seus investimentos. Políticos e técnicos do Concello recibirán o xoves 7 de novembro unha formación encamiñada a que a actividade económica desde a propia administración garanta a responsabilidade.

Culleredo acolle unha charla informativa sobre as subvencións provinciais

A Casa do Concello de Culleredo acolle o xoves 7 de novembro a charla informativa que promove a Deputación da Coruña co fin de explicar os programas de subvencións provinciais para o  ano 2014. O encontro levará a cabo no salón de plenos de 20.00 a 22.00 horas.

O Concello amplía a rede de saneamento en Toroño

O goberno de Culleredo continúa co seu plan de mellora das infraestruturas básicas para os veciños. Nesta ocasión, o Concello executa a ampliación do servizo de saneamento no núcleo de Toroño, na parroquia de Culleredo.

O Concello executa a remodelación da rúa Estreita de Vilaboa

O Concello de Culleredo executa os traballos de remodelación da rúa Estreita, en Vilaboa. Cun orzamento de 69.000 euros, a obra consiste na renovación da pavimentación da rúa e na dotación de rede de recollida de pluviais.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina