A mocidade de Culleredo terá actividades gratuitas os venres en Fonteculler

Os mozos de Culleredo disporán desde esta semana dun novo plan de actividades específicas, lanzadas polo Concello. Serán os venres pola tarde nas instalacións do novo centro cívico de Fonteculler e consistirán en clases de Modern Dance, bailes latinos e zumba.

O Concello abre a decisión dos investimentos dos orzamentos ao Consello de Participación Cidadá

O Concello de Culleredo celebrou na noite de onte a primeira reunión do Consello Xeral de Participación Cidadá. É o máximo órgano de participación veciñal no sistema creado este mandato.

Os escolares descubren o funcionamento da Policía Local

A Policía Local de Culleredo abriu as súas portas aos escolares do municipio. Alumnos de 6º de Educación Primaria dos colexios do municipio visitan a sede da Policía Local, en Fonteculler, para descubrir como traballan os axentes.

Culleredo abre o segundo período de inscrición para a segunda edición do Curso de Micoloxía

O Concello de Culleredo abre a inscrición para a segunda edición do curso de micoloxía. A iniciativa alcanza este ano a súa XXII edición con gran expectación entre os veciños. O prazo de preinscrición ábrese o mércores 2  de novembro e prolongarase ata o 8 de novembro. O pago da actividade poderase facer do 10 ao 14 de novembro. Para facela hai que acudir á Concellería, sita no Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso do Burgo (teléfono 981 664 204), en horario de 9.00 a 13.30 horas.

Ampla programación infantil do Concello en novembro

O Concello de Culleredo publica a programación infantil para o mes de novembro. Ofrécese unha ampla variedade de actividades de animación á lectura, obradoiros e contos. O novo centro cívico de Fonteculler xa acolle unha actividade de cociña.

Culleredo celebra o sábado o I Trofeo de Patinaxe Artística

Culleredo acolle este sábado, 29 de outubro, o I Trofeo de Patinaexe Artística do clube Aura. Reunirá a 125 patinadores, desde os 4 anos de idade, procedentes de diferentes puntos de Galicia, no polideportivo do CEIP Ría do Burgo.

O Concello organiza unha Festa de Samaín para a mocidade

O Concello de Culleredo dedica a celebración do Samaín aos seus mozos. A Festa do Samaín será este venres, 28 de outubro, en horario de 18.00 a 23.00 horas no novo Centro Cívico de Fonteculler, dirixida a mozos a partir dos 12 anos de idade.

O goberno local proporá o pleno adherirse ao programa de Vivendas Baleiras

O Concello de Culleredo acaba de comunicar á Xunta de Galicia o seu interese en adherirse ao programa de Vivendas Baleiras. É un paso máis que quere dar o goberno municipal para apoiar aos veciños con dificultades no acceso á vivenda. 

O Concello de Culleredo, premiado pola súa xestión en materia deportiva

O Concello de Culleredo obtén o premio á mellor entidade pública en materia de xestión deportiva. O galardón é concedido pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (Agaxede) na edición VII dos seus Premios Galicia á Xestión Deportiva.

O Concello implicará as asociacións na execución dos 3,1 millóns de euros concedidos por Europa

O Concello de Culleredo executará os 3,1 millóns de fondos europeos logrados para a súa estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado (EDUSI) coa participación das asociacións. O alcalde, Julio Sacristán, convocou para mañá venres a 62 entidades que xa formaron parte no seu día do proceso de participación para a redacción do proxecto que mereceu a axuda europea.

Os maiores descubren a riqueza patrimonial de Coimbra

Medio centenar de maiores participa desde antonte e ata mañá venres nunha viaxe pola historia de Portugal, enmarcada no programa de actividades de dinamización comunitaria do Concello de Culleredo. En concreto están a descubrir o patrimonio cultural de Coimbra.

A Policía Local reforzará a vixilancia sobre os estacionamentos indebidos

O Concello de Culleredo redobrará a vixilancia da Policía Local sobre os estacionamentos de maneira indebida de vehículos, especialmente sobre os que afecten á mobilidade dos peóns. Baixo a premisa de que en materia de seguridade viaria o primeiro é a persoa, o goberno local porá todos os seus medios para asegurar a convivencia entre o coche e o peón.

As mulleres do rural de Culleredo, dispostas a acabar coa fenda dixital

Cheas de iniciativa e decisión, as mulleres do rural de Culleredo móstranse dispostas a pór todo o seu empeño en terminar coa fenda dixital. Esa foi a premisa que manifestaron no inicio da xornada conmemorativa do Día Internacional da Muller Rural, organizada polo Concello de Culleredo na reitoral de Celas.

O Concello duplica o alumnado nas súas Aulas de Reforzo Escolar

O programa de aulas de reforzo educativo que organiza o Concello de Culleredo logra este ano un incremento sobresaliente na participación dos veciños. Son 90 os alumnos desta edición, o que supón que se duplique con respecto ao ano pasado.

Un novo grafiti recibe aos usuarios do polideportivo do Burgo

O polideportivo municipal do Burgo xa loce nova imaxe. Os usuarios xa poden observar a nova decoración exterior, cun gran grafiti con motivos deportivos que foi encargado polo Concello de Culleredo.

Culleredo conmemora o Día Internacional da Muller Rural cunha xornada en Celas

O Concello de Culleredo celebrará mañá xoves, 13 de outubro, o Día Internacional da Muller Rural. Trátase dunha data pensada para visibilizar o importante papel da muller no ámbito rural. A conmemoración consistirá nun encontro no que se combinará o debate coa formación. Será de 17.30 a 20.30 horas na reitoral de Celas.

Culleredo logra a subvención de 3,1 millóns de Europa para a súa estratexia de desenvolvemento

O Concello de Culleredo será un dos 12 beneficiarios en Galicia das subvencións da Unión Europea para levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado (EDUSI). Así o publicou hoxe o Boletín Oficial do Estado o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, encargado da xestión en España.

A xunta local de seguridade convocará unha mesa de coordinación en violencia de xénero

O Concello de Culleredo celebrou a Xunta Local de Seguridade, órgano de coordinación entre as forzas de seguridade. Segundo os datos da Garda Civil, constatouse que a media de delincuencia se sitúa en Culleredo na media da provincia.

O Concello propón ao pleno bonificacións en ordenanzas para 2017

O Concello de Culleredo proporá ao pleno ordinario da corporación, que terá lugar o xoves 29 ás 20.30 horas, varios cambios en ordenanzas de cara ao exercicio 2017. Entre eles atoparase un tipo especial no imposto sobre vehículos de tracción mecánica (comunmente chamado imposto de circulación) para os de tipo eléctrico, tendo en conta os beneficios ambientais que supoñen.

O Concello oferta aulas públicas de reforzo escolar e preparación das probas da ESO

O Concello de Culleredo lanza aulas de reforzo educativo para impartir clases de apoio aos alumnos do municipio tras a conclusión do horario lectivo e para preparar as probas libres da ESO. A inscrición está aberta ata o 30 de setembro.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina