O Concello executa un plan de mellora da sinalización horizontal

Con obxecto de incrementar a seguridade viaria, o Concello de Culleredo leva a cabo un plan de reforzo da sinalización horizontal nas rúas do municipio. Está centrado nos puntos que requiren dunha mellora do pintado, que polo uso foise desgastando.

Completado o arranxo na rede de semáforos da AC-211

A reparación da rede de semáforos era unha das prioridades do Concello de Culleredo tras recibir a cesión da AC-211 por parte da Xunta de Galicia. A día de hoxe, a rede xa foi reparada e atópase en estado óptimo para regular a circulación na vía pública.

En marcha as obras de ampliación da rede de saneamento en Sueiro

O Concello de Culleredo executa outra actuación para continuar completando o servizo de saneamento no municipio. Nesta ocasión, o goberno local leva a cabo a dotación de rede de recollida de fecais e tamén de recollida de augas pluviais na zona de Valiñas e Sueiro.

O Concello pechou o 2015 cun superávit de 2,6 millóns

A boa saúde económica do Concello de Culleredo volve quedar de relevancia na conta xeral do pasado exercicio 2015, que foi aprobada na Comisión Especial de Contas e que está agora exposta ao público. Todas as magnitudes económicas presentan bos resultados, consolidando o crecemento da economía local.

Os veciños gozan dun Verán Movidiño ao aire libre

O Concello de Culleredo puxo en marcha desde o mes de xullo o programa Verán Movidiño, que ten como obxectivo promocionar o deporte e os hábitos saudables entre toda a cidadanía. Non importa a idade, é gratuíto e tampouco fai falta apuntarse, simplemente desprazarse polos cinco puntos nos que se realiza a actividade a diario por parte dun monitor especializado.

Cambio de horario no Trofeo de Fútbol Concello de Culleredo

O partido de afeccionados do Trofeo de Fútbol entre o Portádego e o Olímpico terá finalmente lugar o domingo 21 de agosto, ás 17.45 horas, no campo de fútbol do Carrizo.

Culleredo esixe a Fomento que limpe a maleza da cabeceira do Aeroporto e da Estación de Tren do Burgo

Culleredo.- 10 de agosto de 2016.- O Concello de Culleredo demanda a AENA, dependente do Ministerio de Fomento, que limpe de maleza  da cabeceira do Aeroporto de Alvedro e a ADIF, dependente do mesmo organismo, que limpe a Estación de Tren do Burgo. Ambas as infraestruturas atópanse rodeadas de maleza o que, a xuízo do concello, supón un grave perigo ante o elevado risco de incendio e unha deterioración da imaxe do municipio. 

Xa temos o calendario do XIX TROFEO FÚTBOL VETERÁNS

Xa podedes consultar o Calendario do XIX Trofeo de Fútbol de Veteráns 

 

 

O primeiro tenente de Alcalde transmítelle ao presidente da Xunta as demandas do centro de saúde do Portádego

O primeiro tenente de alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, visitou hoxe xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o centro de saúde do Portádego co obxectivo de analizar as necesidades do centro e ver as posibles solucións para a apertura do ambulatorio no mes de setembro.

Nova imaxe da sala infantil da Biblioteca do Burgo

A sala infantil da Biblioteca do Burgo presenta xa nova cara. O Concello de Culleredo acaba de executar un proxecto de mellora da dependencia, situada na primeira planta do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, deixándoa así preparada para a súa próxima reapertura. 

A ponte sobre a vía no Burgo será rehabilitada

O Concello de Culleredo inicia a licitación dos traballos para a rehabilitación da ponte sobre a vía de tren no Burgo, na rúa Alfonso VII. A infraestrutura foise deteriorando co paso do tempo e por iso o goberno local decidiu incluír o seu arranxo no plan de obras deste ano.

O Concello modernizará os parques infantís de todos os colexios do municipio

O Concello de Culleredo elixiu os patios de todos os colexios de educación infantil e primaria do municipio para executar unha dos maiores investimentos do ano. O Concello acaba de publicar a licitación, por unha contía de 208.112,82 euros, a renovación dos parques do CEIP Isaac Díaz Pardo (O Burgo), CEIP Ría do Burgo (Fonteculler), CEIP Sofía Casanova (Vilaboa) e CEIP Tarrío.

Campaña especial de doazón de sangue esta semana

O Concello de Culleredo acolle esta semana unha campaña especial de doazón de sangue. Neste verán, os hospitais precisan preto de 500 doazóns de sangue cada día para atender a todos os enfermos e por iso o Concello fai un chamamento á cidadanía para participar nesta iniciativa solidaria.

Dispositivo especial de tráfico polas festas do Burgo

As festas patronais do Burgo comezan mañá coa previsión de traer miles de persoas a Culleredo. Son un dos festexos referencia en Galicia, e os veciños espéranas con expectación. O Concello terá un plan especial de tráfico focalizado na seguridade do peón, co reforzo diario de patrullas da Policía Local, que ademais apoiarán á Garda Civil no operativo de seguridade que establecerá.

Culleredo propón as comisións de festas unificar o fío musical para reducir o ruido

O Concello de Culleredo impulsará para o ano que vén unha medida innovadora para minimizar o ruído excesivo nas festas. O goberno local aposta por unificar o fío musical dos postos e así garantir que se cumpre o volume e o horario que marca a normativa da Xunta de Galicia.

O Concello estende ao rural as clases públicas de reforzo escolar

A zona rural de Culleredo tamén conta desde este ano co programa municipal de clases de reforzo escolar do Concello. Para ofrecer este servizo educativo tamén aos veciños destas parroquias, o goberno local creou un grupo no Centro Cultural de Ledoño. 

O parque infantil de Ledoño será o segundo cuberto do municipio

O Concello de Culleredo publica a licitación da obra para obter o segundo parque infantil cuberto do municipio. A iniciativa probada no parque da Corveira está a ser satisfactoria, ao permitir incrementar o uso da instalación infantil, e por iso o goberno municipal aposta agora por cubrir o de Ledoño, que ademais será modernizado.

O comercio local celebra o venres a Noite Branca con multitude de actividades e descontos

O Concello de Culleredo en colaboración coa Asociación de Comerciantes organiza este venres 15 a Noite Branca, iniciativa que trata de dinamizar o tecido comercial e que este ano terá temática mariña. En concreto a zona comercial abarcará a praza Europa, praza de Galicia, rúa Sanjurjo de Carricarte, Largo Caballero e avda. da Coruña.

Operativo de limpeza urbana especial tras as festas de Vilaboa

As festas patronais de Vilaboa, unhas das máis concorridas da comarca, desenvolvéronse en xeral con normalidade. A Policía Local de Culleredo e a Garda Civil estableceron un dispositivo con reforzo de patrullas en horario nocturno para atender as posibles incidencias. Agora o Concello montou un operativo especial de limpeza.

Clausurado o plan de formación municipal coa participación de 145 veciños

O Concello de Culleredo clausurou o plan municipal de formación, lanzado para promover o incremento de competencias profesionais de veciños en situación de desemprego. Foron 145 veciños con estas características os que se formaron coa iniciativa.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina