Culleredo celebra unha xornada informativa para empresas e entidades interesadas nas axudas do Golfo Ártabro Sur

O Concello de Culleredo, como compoñente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur", convoca a empresas e entidades interesadas en optar a estas axudas a unha reunión que terá lugar o martes 21 de febreiro ás 18.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples.

O Concello reserva 80.000 euros para a segunda fase do centro cívico de Fonteculler

O Concello de Culleredo prepara a segunda fase do centro cívico de Fonteculler, aberto en outubro e que tivo unha gran acollida entre os veciños congregando semanalmente a uns 700 usuarios. O obxectivo será dotalo dun salón grande para actos e actividades aproveitando o soto.

Culleredo celebra o Galicia Graves con figuras de contrabaixo de renome mundial

Os días 17, 18 e 19 de febreiro de 2017, o Conservatorio Profesional de Música de Culleredo acolle a cuarta edición do Festival Internacional de Contrabaixo Galicia Graves e a terceira edición do Concurso Internacional de Contrabaixo Galicia Graves, organizado pola asociación Galicia Graves e o Concello de Culleredo co fin de promover este instrumento en xeral e especialmente nesta área de Galicia.

Acondicionado o regato da Regueira tras as obras do aeroporto

Desde a apertura da pista ampliada do aeroporto de Alvedro, os traballos continuaron na contorna do aeródromo para efectuar diversas actuacións complementarias. Nas últimas semanas, a empresa acometeu un dos proxectos pendentes, que afectou o regacho da Regueira, xunto ao campo da festa en Tarrío.

Dotación de saneamento en Peiro de Abaixo e de Arriba

O Concello de Culleredo continúa coas súas actuacións de ampliación da rede de saneamento, dotando do servizo básico aos veciños. Na actualidade está a executar obras en Peiro de Arriba e Peiro de Abaixo para que as numerosas vivendas unifamiliares da zona dispoñan da rede.

Fondo pesar polo falecemento do pintor Tim Behrens

O Concello de Culleredo amosa o seu fondo pesar polo falecemento no día de hoxe de Tim Behrens, pintor inglés que tivo moita relación con Culleredo.

O Concello propón a adxudicación do novo aparcamento do Portádego en 107.000 euros

O Concello de Culleredo acaba de celebrar a reunión da Mesa de Contratación na que se propuxo a adxudicación da construción dun aparcadoiro xunto ao centro de saúde do Portádego por 107.000,88 euros.

O Concello recibe o Plan Xeral completo tras o traballo do equipo redactor

O Concello de Culleredo da un importante paso no proceso de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal. O equipo redactor acaba de entregar ao Concello a PXOM completo, unha vez que realizou todos os cambios marcados polos informes sectoriais e polas alegacións consideradas.

O pleno aprobou un crecemento dun 9% nos orzamentos cunha subida dun 55% en investimentos

O Concello de Culleredo apunta a un significativo crecemento económico en 2017. O pleno aprobou a proposta de orzamentos á alza do goberno local, cos apoios da Marea Veciñal de Culleredo e Ciudadanos, en concreto un 9,08% maiores que en 2016, alcanzando a cifra de 22.227.057,03 euros.

O goberno local e a Marea Veciñal alcanzan un acordo co emprego, servizos sociais e investimentos como liñas principais

O grupo de goberno socialista e o grupo de Marea Veciñal de Culleredo alcanzaron un acordo para desenvolver un traballo conxunto en favor do interese xeral dos veciños do municipio, incluíndo a aprobación dos orzamentos municipais para 2017, o plan POS financiado pola Deputación da Coruña, e as actuacións da estratexia DUSI dotada con fondos europeos. 

Os traballos de Emalcsa por unha fuga na súa tubaxe xeral poden xerar episodios de turbidez na zona urbana

O Concello de Culleredo informa que Emalcsa acaba de comezar os traballos de reparación da súa tubaxe xeral, cun diámetro de 800mm, que presentaba unha fuga de auga entre as rúas Irmáns Suárez Ferrín e a avenida de Cordeda, no núcleo da Corveira. Pode aparecer auga turbia no Burgo, Fonteculler, Acea de Ama e parte baixa da avenida de Vilaboa.

Fomento denega a senda verde entre Orro e Boedo porque quere repoñer a vía do tren

Os plans de Fomento de repoñer a antiga vía do ferrocarril para conectar Meirama co Porto Exterior fan inviable o proxecto de vía verde que pretendía o Concello de Culleredo. Por outro lado, o ADIF si que ve con bos ollos o cubrimento da vía no Burgo, proposta presentada polo alcalde de Culleredo, Julio Sacristán.

O Concello ensinou a resucitación cardíaca a 255 alumnos do IES Blanco Amor

O Concello de Culleredo celebrou no IES Blanco Amor unha gran sesión de formación  da manobra de resucitación cardíaca, RCP, na que participaron 255 alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Para iso contou coa colaboración da asociación ASGATE, que levou os instrutores, moitos deles alumnos do ciclo de técnico de emerxencias.

Os escolares descubriron o funcionamento do Concello

O Concello de Culleredo achega o seu funcionamento aos escolares do municipio. A Concellaría de Educación puxo en marcha o programa de Educación Constitucional, no que participan 257 alumnos de 10 e 11 anos dos colexios Tarrío, Ría do Burgo, Isaac Díaz Pardo, e Sofía Casanova.

O Concello contrata a creación do carril bici metropolitano

A creación do carril bici metropolitano dá un novo paso en Culleredo coa licitación dos traballos. O Concello abre o proceso de contratación, cun orzamento de 257.389,55 euros, que financia a Deputación da Coruña.

Afaco comeza en Vilaboa os talleres para apoiar as fases iniciais do Alzheimer

As instalacións de Benestar Social do Concello de Culleredo situadas en Vilaboa acollerán desde mañá os talleres do programa Activa-T, que organiza a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO) e que chega ao municipio cullerdense grazas á colaboración entre a devandita entidade e o goberno local. 

Os Templarios xa conta con nova iluminación pública

O Concello de Culleredo completou a renovación da iluminación no paseo dos Templarios, unha das actuacións en materia de iluminación pública programadas polo goberno local. Neste caso, o proxecto desenvolveuse tanto no paseo marítimo como na rúa interior, onde finalizará a actuación aumentando os puntos de luz xunto ao acceso ás vivendas.

O programa de Nadal do Concello reuniu a máis de 5.000 persoas

A ampliada programación de actividades de Nadal ofrecida este ano polo Concello de Culleredo traduciuse nunha gran aceptación por parte dos veciños. As opcións culturais, deportivas, e de animación congregaron a máis de 5.000 persoas, sen contar os asistentes da cabalgata do pasado xoves.

Protección Civil tira de enxeño para loitar contra a avespa asiática

A proliferación da avespa asiática en Galicia faise notar tamén en Culleredo. Esta especie invasora levou un bo número das intervencións do servizo municipal de Protección Civil o ano pasado, que retirou 210 niños. Un enxeño cun barril de cervexa axudou nos traballos.

Finalizados os traballos de acondicionamento da praza Castelao

A praza Daniel Rodríguez Castelao, en Fonteculler, presenta unha nova imaxe. O Concello de Culleredo acaba de concluír as obras de renovación do punto, que se centraron nos principais elementos do espazo urbano, que concentra numerosas vivendas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina