En marcha as obras de ampliación da rede de saneamento no centro de Tarrío

O Concello de Culleredo prosegue co seu plan de actuacións de ampliación do servizo de saneamento no municipio. Nesta ocasión comezou unha obra de instalación de colectores no centro de Tarrío, completando así a rede de recollida de fecais.

O Concello renova o pintado e crea un gran grafiti no polideportivo do Burgo

O Concello de Culleredo xa executa o proxecto de mellora do pintado do polideportivo municipal do Burgo. A actuación cambiará por completo o aspecto da infraestrutura xa que se está creando un gran grafiti que decorará todo o exterior, tratando de combater o efecto das pintadas que continuamente se producían.

O goberno local proxecta iluminación LED para as rúas Río Mandeo e Montespiño

O Concello de Culleredo tramita as obras de dotación de iluminación LED na Zapateira, nas rúas Río Mandeo e Montespiño. A actuación sumarase á construción de beirarrúas e instalación de rede de pluviais xa realizada nestas dúas rúas, de elevado uso polos veciños da zona e polos dous colexios aos que dá servizo.

O Burgo acolle desde mañá o festival "Folk n Cros"

O paseo marítimo do Burgo será escenario mañá venres, día 16, e o sábado 17, do festival-romaría que organiza a agrupación Catalmibre Tradicional, en colaboración co Concello de Culleredo. Baixo a denominación de "Folk n Cros", trátase xa dunha proposta consolidada na comarca e que atraerá por centos de persoas ao municipio.

Formación específica para os inmigrantes na súa chegada a Culleredo

Os novos veciños de Culleredo procedentes doutros países terán á súa disposición unha formación específica para axudarlles no seu novo fogar. Unha iniciativa da ONG Mestura co Concello de Culleredo dará un curso de benvida aos inmigrantes recentemente chegados ou que se asentaron no municipio nos últimos anos.

Reaberto o Edificio de Servizos Múltiples tras as obras

Tras as obras de rehabilitación acometidas no soto e na planta baixa, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo volve estar plenamente operativo. As oficinas municipais e o rexistro auxiliar xa funcionan desde onte, ofrecendo atención ao cidadán no corazón da trama urbana.

O Concello tamén oferta a actividade de ioga en Cordeda

O Concello de Culleredo informa de que se detectou un erro no folleto de actividades deportivas para o novo curso. Aínda que non figura, tamén se lanzou un grupo de ioga para o núcleo de Cordeda, con horario de 20.00 a 22.00 horas os martes.

O Consello Escolar pídelle á Xunta que non baixe o número de monitores do comedor

O inicio do curso escolar preséntase en Culleredo cunha redución nos monitores de apoio dos comedores escolares. A decisión pode supor unha menor atención aos pequenos e por iso o Concello de Culleredo, os pais e os docentes suman forzas para pedir á Xunta de Galicia que cambie o criterio

O Memorial José Ramallo "Pequecho" celebrou a súa novena edición

Culleredo acolleu o pasado sábado o tradicional Memorial José Ramallo "Pequecho", unha homenaxe ao xenial piloto que este ano alcanzou a súa IX edición. Foi organizado polo Moto Club Culleredo coa colaboración do Concello.

Programa especial de Radio Culleredo con motivo do Día Mundial do Linfoma

O Concello de Culleredo e AEAL (Asociación Española de Afectados por Linfomas, Mielomas, Leucemias e Síndromes Mielodisplásicos) conmemorarán o Día Mundial do Linfoma , o próximo 15 de setembro, cun programa especial na emisora municipal de radio co obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre a enfermidade.

Ledoño conmemora os 50 anos do seu centro cultural

Ledoño vive este ano unha data moi especial paa os seus veciños. O emblemático Centro Cultural Ledoñés cumpre os seus 50 anos de vida e por ese motivo os veciños, coa colaboración do Concello de Culleredo, organizaron unha celebración especial, que terá lugar este sábado, 10 de setembro.

Culleredo celebra mañá o IX Memorial "Pequecho"

Decenas de motoristas e simpatizantes acudirán mañá a Culleredo para conmemorar o tradicional Memorial José Ramallo "Pequecho", que este ano alcanza o seu IX edición xa consolidado como unha cita de referencia na comarca.

O Concello abre o venres a tempada de exposicións culturais

O Concello de Culleredo comeza este venres, 9 de setembro, a súa tempada de exposicións culturais. Como vén sendo habitual, o Concello ofrece unha exposición mes a mes para levar as distintas manifestacións artísticas aos cidadáns de Culleredo.

En marcha a renovación do pintado no polideportivo do Burgo

O Concello de Culleredo iniciou os traballos de arranxo no polideportivo municipal do Burgo, instalación deportiva que acolle unha gran actividade no municipio. En concreto, a actuación municipal consiste na renovación do pintado, que en partes se foi deteriorando e no exterior sufriu da acción das pintadas.

Conclúen os campamentos urbanos coa participación de 400 nenos

O Concello de Culleredo deu por concluída a súa campaña de campamentos urbanos para a conciliación, que cumpriu este verán a súa edición XVII. Case 400 nenos e nenas participaron na iniciativa, deseñada para ofrecer unha alternativa de lecer educativo aos pequenos na época estival.

O Concello efectúa medicións acústicas para verificar as feitas por AENA

O Concello de Culleredo acaba de recibir os resultados das medicións que encargou pola súa conta para verificar que se cumpre o plan de illamento acústico de Aena con motivo da ampliación da pista do aeroporto de Alvedro. Estas últimas medicións foron realizadas no Burgo, na contorna da praza de Europa, para dar resposta á inquietude transmitida polos veciños e obter así maior seguridade.

O Concello impulsa a contratación de obras por 937.000 euros

O Concello de Culleredo celebrou unha mesa de contratación cun elevado número de proxectos en tramitación. En concreto, o Concello avanzou na contratación de obras por un montante total de 937.748,07 euros.

Culleredo celebrou as finais das súas competicións de fútbol

Culleredo viviu un intenso fin de semana futbolístico. O Concello celebrou as finais das súas emblemáticas competicións: o Trofeo de Fútbol Afeccionado, que alcanzou o seu XXXIX edición, o XIX Trofeo de Veteranos, e o IV Torneo de Fútbol Base.

Comeza o campus inclusivo de patinaxe con 60 participantes e 4 ONG

Culleredo celebra esta semana a cuarta edición do Campus de Patinaxe Inclusivo, iniciativa do club Aura en colaboración co Concello e que conta co Premio á Intregación Social mediante o Deporte, concedido pola Fundación María José Jove en 2014.

Xenerosidade veciñal para facer un novo espazo de lecer en Veiga

A parroquia cullerdense de Veiga contará cun novo espazo público. A familia Díaz Patiño doou de forma totalmente gratuíta un terreo labradío de 1.246 metros cadrados de extensión ao Concello de Culleredo, co obxecto de que o dedique ao uso veciñal.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina