Deceas de nenos desfrutan do concerto didáctico de Palitroke no Burgo

grupo palitrokeO concerto didáctico do Grupo Palitroke organizado polo Concello de Culleredo no Burgo xuntou a unhas 130 persoas. Os nenos desfrutaron das distintas dinámicas que ten implícito o espectáculo.

Culleredo celebra o Día Internacional da Muller Rural cun encontro en Celas

 O Centro de Información ás Mulleres de Culleredo celebra o Día Internacional da Muller Rural co "I Encontro de mulleres do rural de Culleredo: unha perspectiva interxeracional". Terá lugar o venres 21 de outubro na Reitoral de Celas.

O Concello amosará nunha exposición fotográfica o traballo feito en Nicaragua por Solidariedade Galega

nicaraguaA exposición "Nicaragua, unha realidade viva" estará instalada no Xardín Botánico do Burgo ao longo do mes de novembro. Consta de 54 imaxes que ensinan a formación sociosanitaria levada a cabo en Ocotal e Puerto Cabezas.

Prevención do fracaso escolar: Programa Ponte a Punto

Ponte a puntoPrograma de apertura de centros educativos públicos de Culleredo fóra do horario lectivo"

O Concello prevé concluir en novembro a construción do novo centro social de Castro

A obra de construción no novo centro social de Castro (Vilaboa) avanza a bo ritmo. O inmoble xa está levantado polo que se calcula que os traballos para dotar aos veciños dunha dependencia para actividades e reunións finalicen no mes de novembro.

Tercera reunión da Comisión Especial do Aeroporto de Alvedro

Pantallas antirruidoO Concello de Culleredo celebrou a terceira reunión da Comisión Especial do Aeroporto de Alvedro. Nela, o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, deu conta aos grupos municipais da corporación das novidades acerca da ampliación da pista do aeroporto que acomete AENA, tanto do referente ás obras como do proceso de insonorización das vivendas.

Programa de Aulas Abertas 2011-2012

Aberto o prazo para as aulas abertas 2011- 12
maiores de 18 anos:
Aulas do Saber
Estimulación Mental
Economía doméstica
Diferentes pero iguais
Apoio a coidadr@s de familiares
Retomar os estudios básicos
Aulas abertasAsistencia persoal e canguraxe
Novo país, novo idioma
Educar en familia
Manexo do móbil
Cociña de aquí e habilidades domésticas
Comezo a partir do 17 de Outubro

Información e Inscrición:

Casa Rosa (O Burgo)
Rúa Ramón Cabanillas, 12
Tel 981 665 335
aulas.abertas@culleredo.org

 

O Burgo estrea dispensadora de leito fresco pasteurizado

ExpendedoraTrátase dunha iniciativa dunha gandeira de Mesía que contou co apoio do Concello na súa aposta por fomentar o consumo dun produto saudable e de apoiar ao sector lácteo gelego. Atópase na praza de Europa e o prezo do litro e dun euro, podéndose tamén servir en vasos a 20 céntimos.

Por unha ría limpa e saneada

A corporación cullerdense aprobou no pleno unha declaración institucional para pedir a Estado e Xunta de Galicia que cumplan cos seus compromisos e competencias e a ría do Burgo estea limpa e saneada, integralmente, no vindeiro 2014.

Aberto o prazo de matrícula nas actividades culturais do Concello

OlOGO Concello de Culleredo abre desde o 3 ao 14 de outubro o prazo de matrícula nas actividades culturais para o curso 2011-2012. Os interesados poden acudir ao Edificio de Usos Múltiples do Burgo.

Culleredo impulsa un seminario sobre trastornos de conduta en idade escolar

logoOs trastornos de déficit de atención e hiperactividade serán obxecto dun novo seminario organizado polo Concello de Culleredo e a entidade ANHIDACORUÑA. Terá lugar o venres 30 de setembro ás 19.00 horas no Conservatorio de Música de Culleredo.

A Oficina Municipal de Voluntariado organiza unha gymkhana en Vilaboa

O atrio da igrexa de Vilaboa será esceario o sábado 1 de outubro dunha gymkaha coa que se pretenden promocionar as actuacións que realizan os voluntarios cullerdenses. Os transeúntes poderán disfrutar ademais de probas coma o rocódromo ou zorbing.

O alcalde reuniuse coa delegada da Xunta para reclamar a construción urxente do centro de saúde no Portádego

O Concello de Culleredo urxe á Xunta a licitar de inmediato a construción do novo centro de saúde no Portádego ante a saturación que sufre o de Acea de Ama. Asemade, o alcalde pediu a máxima celeridade para o proxecto do instituto e da ampliación do depósito de auga no Monte Alfeirán.

Viaxe á Rioxa

A RioxaViaxe á Rioxa
Do 25 ao 28 de outubro
Prazo de Inscrición até o 14 de outubro
Información e inscrición: Delegados parroquiais ou na Casa Rosa tel 981 665 335

Ábrese o prazo para as actividades municipais de Maiores

MaioresInformación: Nos centros sociais das parroquias, a través de Delegad@s parroquiais ou na Casa Rosa do Burgo. Tel 981 665 335

 

Culleredo conmemora o Día Internacional da Explotación Sexual e a Trata de Persoas

O Hotel Crunia, en Fonteculler, acollerá unha exposición fotográfica e unha charla informativa, en colaboración con Médicos do Mundo e as asociacións municipais de mulleres.

O Concello ofrece servizos de atención aos veciños con Alzheimer

Con motivo da celebración do Día Mundial do Alzheimer, as nacionalistas Raquel Jabares e Rocío Sampedro, primeira tenente de alcalde e concelleira de Sanidade, queren manifestar a solidariedade coas persoas e familias que padecen esta problemática.

Culleredo recibiu 87 solicitudes de axudas para situacións de emerxencia desde que aprobou o seu regulamento

O novo regulamento para a concesión de prestacións económicas para situacións de emerxencia ou de urxente necesidade social posto en marcha polo Concello propicia un reparto xusto dos fondos municipais. Desde que entrou en vigor en maio, foron 38.000 euros os repartidos por este motivo.

O Concello lamenta que as operadoras de telefonía e Correos non cumpran coa urbanización Los Olivos

O goberno local concedeulles hai meses as pertinentes licenzas ás compañías de telefonía e proporcionoulle a Correos un plano coas rúas, cumprindo todo o que lle compete para que a urbanización Los Olivos conte con ambos servizos.

O Ruiseñor encheu o auditorio do Conservatorio

ActuaciónA compañía de teatro O Ruiseñor, de Culleredo, representou a súa obra "Moito ruido e poucas noces" cun sobresaliente éxito de público.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina