O servizo de aluguer de bicicletas funcionará na tempada de primavera-verán

Debido á baixa demanda rexistrada en outono, e coa finalidade de reducir gastos, o Concello limitará o servizo de aluguer de bicicletas ao período comprendido entre o 15 de abrirl e o 15 de outubro, cando se produciron un maior número de préstamos.

Cabalgata e visitas aos centros sociais dos Reis Magos en Culleredo

cartelAs Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente comezarán o seu percorrido polas rúas de Culleredo ás 17.30 horas do vindeiro 5 de xaneiro. Partindo do recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo, pasarán por Fonteculler, As Brañas, O Portádego, A Corveira, Vilaboa e Acea de Ama para acabar na praza de Europa.
Na zona rural, os Reis visitarán os centros sociais de Culleredo, Orro, Ledoño, Sueiro, Sésamo e Celas.

Recibidos 1.500 xoguetes para repartir entre as familias necesitadas

xoguetesA avalancha de solidariedade dos cullerdenses queda de relevancia coa campaña de recollida de xoguetes promovida polo Concello. Finalizado o prazo, foron máis de 1.500 os entregados para colaborar cos que máis o necesitan.

Quedan vacantes no programa "Ponte a Punto" e nas Escolas de Nais e Pais

O Concello de Culleredo anuncia que existen prazas vacantes no plan de reforzo escolar "Ponte a punto" e nas Escolas de Nais e Pais de cara ao próximo mes de xaneiro. Os interesados poden acudir ao servizo municipal de Educación, sito no Conservatorio.

Vacacións de Nadal nas actividades deportivas e culturais

As actividades deportivas e culturais, tanto as dedicadas a escolares como a adultos, tománse unhas pequenas vacacións de Nadal. Durarán desde o 24 de decembro ata o 8 de xaneiro.

O Concello de Culleredo desexa felices festas a todos os usuarios.

Doazón de sangue o venres 30 de decembro en Vilaboa

logo centroO autobús do Centro de Transfusión de Galicia emprazarase de 16.00 a 21.00 horas a carón da Caixa Galicia de Vilaboa o próximo venres 30 de decembro. O Concello anima aos veciños a colaborar na doazón ante as baixas reservas rexistradas.

Clubes deportivos e Concello promoven unha recollida de alimentos para os máis necesitados

foto comúnAs agrupacións Olímpico de Rutis, Sporting Burgo, Club Baloncesto Culleredo e Judo Club Culleredo colaboran con Cáritas na recollida de alimentos para os máis necesitados, impulsados polo Concello. O goberno local anima a participar na iniciativa.

A Festa dos Callos de Sésamo, en V Televisión

callos"A mochila do viaixeiro", programa de V Televisión, acudiu a Culleredo para descubrir a Festa dos Callos de Sésamo. Ademais, o espazo ofrece unha visión xeral do municipio, da súa historia e dos seus valores turísticos.

Exposición pictórica de Maruchy Domínguez en Acea de Ama

cartel expoA Sala de Exposicións dos Muiños de Acea de Ama acollera desde o 16 de decembro até o 14 de xaneiro a exposición de pintura da artista Maruchy Domínguez, residente no Burgo desde hai anos. A inauguración celebrarase o venres ás 20.30 horas.

O Concello resolverá dúbidas sobre a lactación materna

cartelDentro do seu programa de Sanidade, o Concello de Culleredo organiza unha charla dirixida a mulleres embarazadas para resolver dúbidas acerca da lactación materna. Terá lugar no Burgo o xoves 15 de decembro.

Iluminación de Nadal

A iluminación estará en funcionamento do 9 de decembro de 2011 ao 6 de xaneiro de 2012, ambos incluidos, entre as 18:00 e a 1:00 horas, co obxecto dun maior control e aforro enerxético.

Participación na Cabalgata de Reis

Datas de inscrición: do 12 ao 16 de decembro.

O Concello emprende unha campaña de recollida de xoguetes nos edificios públicos

cartelAs principais dependencias municipais e públicas do municipio recollerán desde o 5 até o 21 de decembro xoguetes para destinalos a  nenos e nenas até 12 anos. O Concello anima ásolidariedade de todos os veciños nesta acción navideña.

Baile de Nadal e Panxoliñas

Xoves 22 de decembro ás 17.00h no Edificio de servizos múltiples.

Culleredo celebra o Día Mundial da Loita contra a SIDA cun amplo despregue informativo

stand“Frear a transmisión do VIH é cousa nosa” foi o lema escollido polo Concello de Culleredo con motivo do Día Mundial da loita contra a SIDA. O goberno local lanzou unha campaña divulgativa co obxecto de sensibilizar á poboación sobre o VIH para dunha banda sensibilizar á poboación xuvenil sobre as prácticas de risco, e doutra banda informar á cidadanía sobre a posibilidade da realización de probas de detección rápida de VIH en saliva.

Por un Culleredo sen vítimas de violencia de xénero

concentraciónO Concello de Culleredo celebrou, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha concentración na praza de Europa do Burgo. Máis de medio centenar de persoas, entre as que se encontraban representantes do goberno local e dos grupos políticos, dixeron non á violencia de xénero.

O Concello destina o Plan de Obras 2012 a renovar camiños, saneamentos e abastecementos

O Concello de Culleredo levará adiante en 2012 un plan de obras centrado nas principales necesidades dos cidadáns: renovación de firmes de estradas, da rede de abastecemento e da rede de sumidoiros. Os traballos terán un montantes de 350.000 euros.

Culleredo esixe explicacións á Xunta tras recibir informacións de graves irregularidades no centro de día

O Concello de Culleredo reclama á Xunta de Galiza, titular do centro de día do Burgo, “explicacións urxentes” tras ser coñecedor, por parte de usuarios e usuarias do mesmo, de  presuntas irregularidades, de carácter moi grave, no seu funcionamento. Estas irregularidades abarcan tanto á xestión do persoal do centro de día coma ao seu mantemento.

Culleredo participará nun proxecto formativo con municipios de Suecia, Croacia e Polonia

O Plan Formativo Planet, promovido pola Deputación da Coruña, contará coa participación do Concello de Culleredo. Nesta iniciativa estableceranse alianzas para o desenvolvemento de proxectos de calidade nos ámbitos do envellecemento activo e da promoción turística e rural.

O Concello delegará á Deputación o cobro de taxa das empresas de suministros

O Concello de Culleredo mellorará a xestión e cobro da taxa pola utilización da vía pública por parte das empresas explotadoras de suministros. Será o caso das que prestan servizos de gas, telefonía fixa, auga ou electricidade. A Deputación asumirá a xestión e control para verificar que os pagos son correctos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina