Campamentos Deportivos da Deputación 2012

cartelO Concello de Culleredo informa do proceso a seguir para os interesados en participar nos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña 2012. O prazo de inscrición estará aberto até o 1 de xuño. A quenda para os cullerdenses será do 15 ao 21 de xullo.

O Concello renovará o acceso desde Orro á Zapateira

O Concello de Culleredo acondicionará a entrada á Zapateira desde a parroquia de Orro. Trátase da estrada que parte desde o núcleo de Figueiras, que presenta un estado bastante deteriorado polo seu uso. A obra consistirá na pavimentación completa da estrada e custará 40.000 euros.

O II Descenso ao Xalo reunirá o domingo a más de 200 participantes

presentaciónO II Descenso ao Xalo celebrarase o domingo, concluíndo a proba en Celas de Peiro. O sábado terán lugar os adestramentos ao longo do percorrido que baixa do monte Xalo. Espérase a participación de máis de 200 deportistas.

Culleredo recibe a mostra de esculturas de Javier Aguilera

cartelCulleredo acolle desde este venres 27 de abril a mostra de esculturas que, baixo o título Ex umbra in solem II, presenta o artista Javier Aguilera Navarro. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 26 de maio.

A compañía de teatro El Ruiseñor presenta a comedia grega "Tesmoforias"

cartelO Conservatorio de Culleredo albergará esta fin de semana a representación da compañía de teatro e danza El Ruiseñor, de Culleredo, que presentará a comedia grega "Tesmoforias". Os pases serán o sábado 28 de abril ás 20:30 horas e o domingo 29 ás 19:00 horas. As entradas están á venda na tenda ATHICUS de Acea de Ama.

O alcalde de Culleredo inaugurou o novo centro social de Castro

centro socialO Concello abríu o novo centro social de Castro (Vilaboa), unha dependencia levantada para responder as peticións dos veciños e da asociación cultural do núcleo. Trátase dun centro multifuncional no que combinará espazos para o uso social como para usos múltiples. O investimento na construción deste novo centro social superou os 260.000 euros.

Culleredo abre o prazo de inscricións na Mostra de Artesanía das Letras Galegas

Os artesáns interesados en participar na Mostra de Artsanía, que se celebrará o 17 de maio na praza de Europa do Burgo, xa poden formalizar a súa inscrición. O data límite é o 14 de maio para os 30 postos existentes.

O Concello e Parkinson Galicia emprenden unha campaña de sensibilización

cartelA acción que realizan as dúas entidades quere achegar o coñecemento da enfermidade de Parkinson á poboación, ademais de dar a coñecer os servizos de atención que acolle Culleredo. A campaña iníciase coa instalación dunha mesa informativa no centro comercial Gadis Hiper de O Burgo.

Culleredo amplía o horario da biblioteca do Burgo en 10 horas á semana

cartel DickensAs salas de lectura municipais alcanzan os 7.600 socios coa ampliación do funcionamento da biblioteca do Burgo, demandada polos propios usuarios. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, celebra o interese que esperta a lectura, promovida nos pequenos coa Dragona Ramona.

O Concello promove unha proveitosa unión dos usuarios da Escada cos pequenos de 1º de Primaria

obradoiroAs persoas con discapacidade intelectual do centro ocupacional municipal convertéronse en mestres para ensinar aos nenos a reciclar papel. O obradoiro forma parte dun programa impulsado polo departamento que dirixe Raquel Jabares para “conxugar as actividades para os nenos dos colexios coa formación ocupacional dos usuarios da Escada”.

A Policía Local constata resultados moi positivos no inicio do aparcamento exprés no Burgo

praza europaOs axentes verifican que a utilización das prazas marcadas como aparcadoiro exprés rota de forma continua, obxectivo primario da medida adoptada polo Concello de Culleredo para favorecer as xestións curtas no Burgo. O goberno local pide aos usuarios que sinalicen a hora de chegada para propiciar un control efectivo do estacionamento.

O Concello inicia un novo ciclo de actividades de promoción da muller

cartelO Concello de Culleredo inicia o ciclo de charlas: “E ti que contas?...”, que ten como obxectivo informar e orientar ás mulleres sobre determinadas problemáticas que lles afectan como colectivo. As xornadas comezarán o mércores 18 de abril cunha charla da psicóloga do Concello sobre a menopausia.

Conmemoración do 81º aniversario da II República española

estatuaO 14 de abril cúmprense 81 anos da proclamación da Segunda República en España. O Concello de Culleredo conmemora esta data lembrando os persoeiros e aspectos máis relevantes relacionados co municipio.

Culleredo celebra o seu primeiro pleno xuvenil

plenoO Concello conmemorou o bicentenario da Constitución de Cádiz coa celebración do seu primeiro pleno xuvenil. Más de 100 alumnos de 4º de ESO do Blanco Amor elevaron propostas e preguntas que contaron coa participación do alcalde, Julio Sacristán.

O Burgo recibe unha mostra fotográfica de José Manuel Fachal

imaxe cascadaA Aula de Natureza do Burgo recibe unha exposición de fotografías de José Manuel Fachal, topógrafo e proxectista. A  mostra permanecerá aberta ao público desde o venres 13 de abril, cando se inaugurará por parte da Concellaría de Cultura, ata o 8 de maio de 2012.

Culleredo lanza a oferta de Campamentos de Verán 2012

cartelO Concello abre desde o día 16 de abril o prazo de inscrición para os campamentos de verán 2012. A oferta abarca diferentes posibilidades que cubren desde o fin das clases en xuño co obxecto de proporcionar unha alternativa de lecer aos rapaces e un servizo de conciliación ás familias.

Culleredo aproba un plan de axuste cun incremento de 2,2 millóns de ingresos e unha reducción de 1,7 millóns de gastos

imaxe do plenoAplicando un axuste nestas dúas vías, o Concello alcanza un axuste de 3,9 millóns de euros. Este plan servirá para non incorrer en déficit os próximos anos, garantindo o pago en prazo aos provedores, e obter superávit para investimentos.

Culleredo celebrou a gran festa da solidariedade e o voluntariado

concertoO Concello de Culleredo celebrou o seu Concerto Solidario no Conservatorio Municipal de Música o pasado venres 30. Participaron as diferentes ONGs sitas no municipioo: Mundo Cooperante, Mestura, Mosaico e Cáritas, xunta coa Oficina Municipal de Voluntariado.

Culleredo reunirá a 250 ciclistas na V Pedalada Ártabra

cartelA Pedalada Ártabra, organizada polo Club Ciclista Riazor coa colaboración do Concello de Culleredo, chega a súa V edición con 250 participantes inscritos. A Marcha, que partirá e terminará en Tarrío, encádrase dentro da categoría de Cicloturismo-BTT sendo un exercicio físico con fines de ocio, turístico ou cultural.

Culleredo recibe a mostra fotográfica "Galicia en Foco"

cartelA exposición, que quedará instalada desde este venres 30 nos Muiños de Acea de Ama, conta con apartados de fotoxornalismo e fotorreportaxe, recollendo fotografías publicadas en diversos medios xornalísticos dende finais de 2010 e o ano 2011, así como algunas inéditas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina