Actualidad

Entroido para todas as idades en Culleredo

O Entroido 2018 do Concello de Culleredo xa está a punto. O venres 9 e o sábado 10 de febreiro celebraránse en Vilaboa a festa para os maiores e o evento infantil habitual destas datas.

XXVI Xogos da Amizade 'Xogaeduca' de Judo

O domingo, 21 de xaneiro, o pavillón do colexio Rías Altas acollerá os XXVI Xogos da Amizade 'Xogaeduca' de Judo.

Culleredo acollerá a primeira gala solidaria da Asociación Galega de Transplante de Medula Ósea

Baixo o nome de “Baila ata a medula” estréase este ano unha gala solidaria co ánimo de colaborar cos nenos que padecen de cancro  hematológico. Organizada pola Asociación Galega de Transplante de Medula Ósea coa colaboración do  Concello de Culleredo, terá lugar o domingo 14 de xaneiro a partir das 18.00 horas no Edificio de  Servizos Múltiples.

Cabalgata de Reis 2018

Os Reis Magos chegan mañá, venres 5 de xaneiro, ao Concello de Culleredo. A tradicional cabalgata dará comezo ás 17 horas desde a rúa Juan Carlos I e finalizará ás 20 horas na Praza Europa. 

 

Programa de actividades infantís nas bibliotecas municipais

Xa se publicou o programa de actividades infantís ata marzo para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa).

O Concello de Culleredo aproba o POS 2018

O Concello de Culleredo celebrou o mércores 20 de decembro un pleno extraordinario urxente con motivo da aprobación do Plan de Obras e Servizos (POS+ 2018) que financia a Deputación da Coruña. A proposta ascendeu a 1.549.869,77 euros.

 

Culleredo ofrece 50 prazas a nenos do municipio para participar como figurantes na Cabalgata de Reis

O  Concello de Culleredo quere convidar aos nenos e nenas do municipio para participar como "figurantes" na Cabalgata de Reis 2018, que como é habitual vaise celebrar o 5 de xaneiro de 2018. Pódense inscribir todos os que, na data do 1 de xaneiro, teñan unha idade comprendida entre os 8 e os 11 anos. O total de prazas ofertadas será de 50.

Celebrado o Pleno Infantil con 273 escolares de cinco colexios de Culleredo

O Pleno Infantil de Culleredo viviu hoxe a sesión máis multitudinaria dos seus 18 anos de historia. Tanto é así que esta vez celebrouse no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples para poder acoller os 273 escolares de 6º de primaria do CEIP Isaac Díaz Pardo, Sofía Casanova, Ría do Burgo, Tarrío e o Ponte Pasaxe.

O Concello agradece a enorme mobilización social lograda con “Culleredo en negro”, cunhas 250 entidades e negocios implicados contra a violencia machista

O Concello de Culleredo quere agradecer publicamente a implicación descomunal demostrada polos veciños de Culleredo na campaña contra a violencia de xénero que se desenvolveu durante toda a semana. Unhas 250 entidades, entre comercios, empresas, centros educativos, asociacións ou clubs sumáronse de forma desinteresada para facer visible un rexeitamento unánime á violencia machista.

O alcalde de Culleredo e o presidente da Deputación reafirman o compromiso conxunto polo funcionamento da Escada

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, recibiu hoxe ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na que foi a súa primeira visita oficial ao municipio. Como primeiro paso do acto elixiron o centro ocupacional A Escada, de titularidade municipal e cofinanciado pola Deputación, no que se traballa na autonomía personal de persoas con discapacidade intelectual.

 

Culleredo lanza as súas Aulas de Reforzo Escolar para primaria e secundaria

Culleredo impulsa aulas de reforzo educativo para impartir clases de apoio aos alumnos do municipio tras a conclusión do horario lectivo. É unha iniciativa enmarcada no plan do Concello contra o fracaso escolar, que ten como finalidade axudar aos estudantes con maiores dificultades a sacar adiante o curso.

Culleredo súmase á campaña "En negro contra as violencias machistas"

O Concello de Culleredo asinou o protocolo de adhesión á campaña "En negro contra as violencias machistas". A través dela, anímase a toda a comunidade: educativa, comercios, asociacións, e veciños e veciñas en xeral; a implicarse na conmemoración do 25 de novembro, día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

 

Nova estrutura política do Concello de Culleredo

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, asinou as novas delegacións de funcións e cambios na estrutura do goberno local. Estas modificacións prodúcense tras a substitución na alcaldía e a entrada como concelleira de Penélope López.
 
 

José Ramón Rioboo, elixido alcalde de Culleredo

O Concello de Culleredo celebrou onte un pleno extraordinario no que se elixiu alcalde a José Ramón Rioboo Castro, candidato do PSdeG-PSOE tras a recente renuncia de Julio Sacristán. Previamente, levouse a cabo a toma de posesión de Penélope López como concelleira polo Grupo Socialista, outra das consecuencias da marcha de Sacristán.
 

O xardín botánico do Burgo acollerá a XLII exposición de canaricultura

Do 17 ao 26 de novembro a Sociedad Coruñesa de Canaricultura organiza no xardín botánico a XLII exposición de canaricultura. Ademais, conxuntamente, tamén se levará a cabo o XVIII concurso de debuxo infantil sobre os páxaros e a natureza.

Culleredo celebra el martes 7 el pleno para el relevo en la alcaldía

El Concello de Culleredo recibió la semana pasada desde la junta electoral el acta de concejala para la toma de posesión de Penélope López, a quien le corresponde como siguiente miembro de la lista del grupo socialista tras la renuncia efectuada por Julio Sacristán.

Programa de actividades infantís nas bibliotecas municipais

Xa se publicou o programa de actividades infantís de novembro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa). Todas as semanas deste mes os nenos e nenas do Concello de Culleredo disporán dunha ou varias propostas de ocio.

Culleredo abre o novo aparcadoiro xunto ao centro de saúde de O Portádego

Os veciños de O Portádego e os usuarios do novo centro de saúde dispoñen desde esta semana dun novo aparcadoiro para vehículos. O Concello de Culleredo acaba de abrir o espazo tras a execución das obras, emprendidas ao non incluír estacionamentos o proxecto levado a cabo pola Xunta.
 

Emotiva despedida de Julio Sacristán como alcalde de Culleredo

Visiblemente emocionado compareceu o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, para informar da súa decisión de renunciar á alcaldía, que fará efectiva no día de mañá. O rexedor, que vén gañando as eleccións municipais desde 1983, explicou que toma a determinación por motivos exclusivamente persoais e familiares, cun gran cansanzo acumulado, sinalou, especialmente nos últimos tres anos.

 

O paseo marítimo do Burgo acolle xa as obras de creación do carril bici metropolitano

As obras de creación do carril bici metropolitano acaban de chegar ao paseo marítimo do Burgo. Tras comezar na avenida de Ribados, o Concello prosegue os traballos xunto á ponte romana para crear un novo tramo que una o xa existente coa senda fluvial do río Mero en Cambre.
 
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina