Actualidad

Culleredo leva este mes o seu programa educativo a 1300 alumnos de seis colexios do municipio

En Culleredo, o Concello tamén se implica en materia educativa. Aínda que a competencia é da Xunta, o Concello leva a cabo desde hai anos un programa educativo complementario, denominado 'EducaCulleredo' en diversos ámbitos que se concreta co persoal docente de cada centro. Este mes comeza a execución do programa coa participación de 1.308 alumnos de seis centros educativos.
 

Culleredo conmemora o Día da Muller Rural

O Concello de Culleredo conmemorou onte o Día da Muller Rural cunha xornada con éxito de participación, ao congregar a máis de medio centenar de persoas na reitoral de Celas. A maioría eran mulleres veciñas das parroquias rurais do municipio.
 

O programa de Dinamización Comunitaria organiza unha viaxe a Segovia

O Concello de Culleredo, dentro do seu programa de Dinamización Comunitaria dirixido a maiores de 65 anos, programou unha viaxe a Segovia e aos seus arredores do 24 ao 27 de outubro.

 

Culleredo concede 88.000 euros en subvencións para asociacións sen ánimo de lucro do municipio

O Concello de Culleredo acaba de resolver a convocatoria de subvencións municipais a asociacións sen ánimo de lucro. O goberno local concede axudas nesta ocasión ás 52 entidades beneficiarias por un montante de 88.793,26 euros, a cargo do orzamento municipal.
 
 

O programa Verán Movidiño chega ao seu final cunha última sesión de exercicio ao aire libre no Burgo

Durante todo o verán o Concello de Culleredo propuxo aos seus veciños a práctica de ximnasia ao aire libre. O programa 'Verán Movidiño' desprazouse por diferentes lugares do municipio nos que se celebraron sesións ao aire libre abertas a todo o público sen que fose precisa a inscrición previa. A última das convocatorias foi onte (luns) no paseo marítimo do Burgo onde se congregaron medio centenar de deportistas.
 

Programa de actividades infantís nas bibliotecas municipais

Xa se publicou o programa de actividades infantís ata decembro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa), que comezarán no mes de outubro.

 

 

 

O Concello de Culleredo organiza dúas edicións do curso de micoloxía

O Concello organiza dúas quenda dos Cursos de Micoloxía, que alcanzan a XXIII edición. A inscrición estará aberta do 2 ao 6 de outubro. 

Primeiro torneo solidario de pádel organizado por APEM

Os próximos días 12,13,14 e 15 de outubro terá lugar nas instalacións de Padelplus - Culleredo o primeiro torneo de Pádel solidario de APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais).

Reaberto o polideportivo de Vilaboa tras as obras feitas polo Concello

O polideportivo municipal de Vilaboa xa volve funcionar tras as obras de modenización acometidas no verán polo Concello de Culleredo. A instalación, xa veterana, requiría dunha importante renovación para incrementar as súas prestacións aos usuarios.

O Concello pide medidas para minimizar o ruido da AP-9

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mantivo o venres unha reunión de traballo con Autopistas do Atlántico para abordar as afeccións por ruído que presenta a AP-9 no municipio. Foi acompañado do equipo redactor do Plan Xeral, dado que o informe de Medio Ambiente pedía á súa vez que se revisasen algúns ámbitos afectados polo ruído da infraestrutura.

Culleredo e Arteixo acordan o proceso de deslinde, que contará coa participación veciñal

Os alcaldes de Culleredo, Julio Sacristán, e de Arteixo, Carlos Calvelo, acompañados de técnicos de ambos os Concellos, mantiveron unha reunión de traballo para abordar o procedemento de deslinde territorial entre os dous municipios. Trátase dun proceso que nunca se chegou a acometer e que se considera necesario para determinar con exactitude os límites.

Acometido polo Concello un plan de mantemento específico en colexios, unitarias e escolas infantís

O goberno de Culleredo aproveitou os meses de verán para acometer un plan de mellora dos colexios, escolas unitarias e escolas infantís do municipio con obxecto de que as instalacións estean preparadas no inicio do novo curso. Utilizando o período vacacional evitáronse molestias no desenvolvemento da actividade docente que empeza hoxe. O investimento municipal superou os 60.000 euros.

O goberno local pedirá medidas a Autopistas para evitar o ruido da AP-9

O Concello de Culleredo xa mantén contactos con Autopistas del Atlántico para evitar os prexuízos polo ruído da AP-9 aos veciños da contorna. O vindeiro venres, 15 de setembro, o alcalde, Julio Sacristán, reunirase con responsables da entidade e co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de cara a demandar medidas que palíen a afección por ruído da infraestrutura.

O Concello contratou a 10 parados de longa duración para formar unha brigada de obras

O Concello de Culleredo achegará o seu granito de area a axudar aos veciños que se atopan en situación de desemprego de longa duración. O goberno local efectuou a contratación de 10 veciños e veciñas con estas características laborais para conformar unha brigada de medio ambiente e obras.

Tres nenos saharauis pasan en Culleredo un verán moi especial

Culleredo ten este verán a tres veciños moi especiais. Son Laarusi, Hamza e Hakim, tres nenos saharauís acollidos por tres familias cullerdenses grazas ao programa Vacacións en Paz que desenvolve Sogaps (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí).

O Olímpico de Rutis, vencedor do XL Trofeo de Fútbol Afeccionado do Concello

Tras unha competida final o Olímpico, que adestra Miguel Corral, fíxose co triunfo no XL Trofeo de Fútbol Concello de Culleredo Afeccionados ao gañar no partido decisivo ao Portazgo por 2-0. O campo do Rutis acolleu o pasado sábado este partido que decidía unha competición na que participaron tamén a UDJ Almeiras, a AD Culleredo e o equipo B do Olímpico.

O Concello abre un servizo de información turística

O Concello de Culleredo ofrece xa información turística aos seus visitantes. Grazas ao cofinanciamento da Deputación da Coruña, o goberno local contratou a un técnico de turismo, reabrindo a oficina municipal de información sita no Burgo, xunto á ponte sobre a ría.

O goberno local prevé construír un parque infantil e cubrir a pista de petanca en Vila Melania

Vila Melania terá un novo parque infantil na súa entrada, novos aparellos biosaludables e unha pérgola que permitirá cubrir a área onde se xoga á petanca. 
 
 

O Concello recibe a cesión da Nacional 550 coa meta de convertela en avenida urbana

A Nacional 550 xa é propiedade do Concello de Culleredo. O alcalde, Julio Sacristán, asinou  a acta de recepción da vía, unha demanda do goberno local con obxecto de humanizala e convertela en avenida urbana, que é a súa condición actual especialmente en Vilaboa, A Corveira e O Portádego

Aprobado un novo plan de investimentos de 658.000 euros a cargo do superávit

Un novo plan de investimentos froito do acordo entre o goberno local e a Marea Veciñal de Culleredo está aprobado de forma inicial. O Concello elevou a proposta ao pleno municipal cun resultado positivo ao non producirse ningún voto en contra. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina