Actualidad

O Concello finaliza o obradoiro de emprego sobre dinamización do tempo libre

O Concello de Culleredo concluiu o obradoiro de emprego sobre dinamizacion de tempo libre no que participaron 13 mozos en paro. Agora efectuará un seguimento e intermediación coas empresas para axudarlles na procura de emprego.

Os colexios de Culleredo celebran a súa primeira Copa Escolar de baloncesto

Os escolares de 9 e 10 anos de Culleredo vivirán o domingo, 26 de marzo, a súa primeira Copa Escolar. Será no polideportivo do CEIP Ría do Burgo e contará coa participación de pequenos dese colexio e do Sofía Casanova, Isaac Díaz Pardo, Tarrío e Ponte Pasaxe.

Os maiores de Culleredo visitaron o castelo de Pambre

Os maiores de Culleredo visitaron onte o castelo de Pambre e o museo da Terra de Melide nunha actividade enmarcada no programa de dinamización comunitaria que desenvolve o Concello.

O proxecto educativo Illa Fantasía chega a Culleredo

O proxecto de animación á lectoescritura "Illa Fantasía: A escola de Unicornio" triunfa en Culleredo. O Concello leva o programa ao Centro Rural Agrupado (CRA) e ao CEIP Sofía Casanova, logrando a implicación dos profesores, fundamental para o seu desenvolvemento.

A Aula de Natureza do Burgo acollerá un obradoiro gratuíto de bonsáis

A asociación cultural Bonsái Coruña e o Concello de Culleredo organizan este mes unha nova edición dos talleres de coidado de bonsáis. Celebraranse na aula de Natureza do Burgo os domingos 26 de marzo e 2 de abril. O horario das sesións comprenderá entre as 10.30 e as 13.30 horas.

Culleredo e Cambre completaron a renovación da iluminación da ponte do Burgo

Os Concellos de Cambre e Culleredo acaban de completar o seu proxecto conxunto da mellora da iluminación na ponte antiga do Burgo, que une os dous municipios. Os traballos consistiron na renovación das luminarias e mellora do sistema, que levaba tempo con deficiencias.

Xornada aberta de xogos populares, o venres 10 en Fonteculler

O Concello de Culleredo ten en marcha un obradoiro de empregosobre dinamización de actividades de tempo libre infantil e xuvenil. Dentro da súa parte práctica, os 15 alumnos organizan mañá, venres 10 de marzo, unha xornada de xogos populares, aberta a nenos e novos. Será de 17.30 a 20.00 horas no centro cívico de Fonteculler.

Culleredo conmemora o Día da Muller cunha homenaxe ás artistas

O Concello de Culleredo dedica este ano o Día da Muller (8 de marzo) ás artistas. O acto central da programación deseñada desde a Concellaría de Benestar renderá unha homenaxe especial á muller vinculada ás artes plásticas, que en moitos casos foi silenciada ao longo da historia.

Os colexios de Culleredo estrean parques tras as obras feitas polo Concello

O catro colexios de infantil e primaria de Culleredo xa locen novos parques infantís. O Concello completou o seu proxecto, que o mes pasado xa terminara no CEIP Tarrío, coa conclusión das obras no CEIP Isaac Díaz Pardo (O Burgo), CEIP Ría do Burgo (Fonteculler), CEIP Sofía Casanova (Vilaboa).

Completada a mellora da rede de auga en 12 rúas do municipio

O Concello de Culleredo finaliza as obras de renovación da rede de abastecemento de auga nun total de 12 rúas do municipio. Trátase de actuacións que pretenden modernizar as instalacións e tubaxes para evitar avarías xa de forma preventiva.

O VI Descenso do Xalo célebrase esta fin de semana

O Campionato Galego de Descenso chega esta fin de semana, do 4 e 5 de marzo, a Culleredo, coa celebración do VI Descenso do Xalo, unha das probas estrela da tempada que reunirá a ducias de deportistas.

O Concello investirá 170.000 na ampliación do saneamento en Orro

O Concello de Culleredo ampliará a rede de saneamento na parroquia de Orro, dando así resposta a unha das necesidades trasladadas polos veciños da zona. En concreto, o novo proxecto encargado polo goberno local dotará do servizo aos núcleos de Orro Novo e As Caíñas, na contorna dos quilómetros 1,080 a 2,935 da estrada principal, a DP-0510.

Máxima tranquilidade ante a petición de expedientes do Xulgado por unha denuncia con clara motivación política

A Policía Xudicial requiriu hoxe un total de 22 expedientes do Concello de Culleredo. Debeuse ao oficio emitido polo Xulgado a raíz dunha denuncia con claros indicios de ter motivación política.

Culleredo celebra unha xornada informativa para empresas e entidades interesadas nas axudas do Golfo Ártabro Sur

O Concello de Culleredo, como compoñente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur", convoca a empresas e entidades interesadas en optar a estas axudas a unha reunión que terá lugar o martes 21 de febreiro ás 18.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples.

O Concello reserva 80.000 euros para a segunda fase do centro cívico de Fonteculler

O Concello de Culleredo prepara a segunda fase do centro cívico de Fonteculler, aberto en outubro e que tivo unha gran acollida entre os veciños congregando semanalmente a uns 700 usuarios. O obxectivo será dotalo dun salón grande para actos e actividades aproveitando o soto.

Culleredo celebra o Galicia Graves con figuras de contrabaixo de renome mundial

Os días 17, 18 e 19 de febreiro de 2017, o Conservatorio Profesional de Música de Culleredo acolle a cuarta edición do Festival Internacional de Contrabaixo Galicia Graves e a terceira edición do Concurso Internacional de Contrabaixo Galicia Graves, organizado pola asociación Galicia Graves e o Concello de Culleredo co fin de promover este instrumento en xeral e especialmente nesta área de Galicia.

Acondicionado o regato da Regueira tras as obras do aeroporto

Desde a apertura da pista ampliada do aeroporto de Alvedro, os traballos continuaron na contorna do aeródromo para efectuar diversas actuacións complementarias. Nas últimas semanas, a empresa acometeu un dos proxectos pendentes, que afectou o regacho da Regueira, xunto ao campo da festa en Tarrío.

Dotación de saneamento en Peiro de Abaixo e de Arriba

O Concello de Culleredo continúa coas súas actuacións de ampliación da rede de saneamento, dotando do servizo básico aos veciños. Na actualidade está a executar obras en Peiro de Arriba e Peiro de Abaixo para que as numerosas vivendas unifamiliares da zona dispoñan da rede.

Fondo pesar polo falecemento do pintor Tim Behrens

O Concello de Culleredo amosa o seu fondo pesar polo falecemento no día de hoxe de Tim Behrens, pintor inglés que tivo moita relación con Culleredo.

O Concello propón a adxudicación do novo aparcamento do Portádego en 107.000 euros

O Concello de Culleredo acaba de celebrar a reunión da Mesa de Contratación na que se propuxo a adxudicación da construción dun aparcadoiro xunto ao centro de saúde do Portádego por 107.000,88 euros.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina