O Concello de Culleredo acaba de comunicar á Xunta de Galicia o seu interese en adherirse ao programa de Vivendas Baleiras. É un paso máis que quere dar o goberno municipal para apoiar aos veciños con dificultades no acceso á vivenda.
O Concello de Culleredo obtén o premio á mellor entidade pública en materia de xestión deportiva. O galardón é concedido pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (Agaxede) na edición VII dos seus Premios Galicia á Xestión Deportiva.
O Concello de Culleredo executará os 3,1 millóns de fondos europeos logrados para a súa estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado (EDUSI) coa participación das asociacións. O alcalde, Julio Sacristán, convocou para mañá venres a 62 entidades que xa formaron parte no seu día do proceso de participación para a redacción do proxecto que mereceu a axuda europea.
Medio centenar de maiores participa desde antonte e ata mañá venres nunha viaxe pola historia de Portugal, enmarcada no programa de actividades de dinamización comunitaria do Concello de Culleredo. En concreto están a descubrir o patrimonio cultural de Coimbra.
O Concello de Culleredo redobrará a vixilancia da Policía Local sobre os estacionamentos de maneira indebida de vehículos, especialmente sobre os que afecten á mobilidade dos peóns. Baixo a premisa de que en materia de seguridade viaria o primeiro é a persoa, o goberno local porá todos os seus medios para asegurar a convivencia entre o coche e o peón.
Cheas de iniciativa e decisión, as mulleres do rural de Culleredo móstranse dispostas a pór todo o seu empeño en terminar coa fenda dixital. Esa foi a premisa que manifestaron no inicio da xornada conmemorativa do Día Internacional da Muller Rural, organizada polo Concello de Culleredo na reitoral de Celas.
O programa de aulas de reforzo educativo que organiza o Concello de Culleredo logra este ano un incremento sobresaliente na participación dos veciños. Son 90 os alumnos desta edición, o que supón que se duplique con respecto ao ano pasado.
O polideportivo municipal do Burgo xa loce nova imaxe. Os usuarios xa poden observar a nova decoración exterior, cun gran grafiti con motivos deportivos que foi encargado polo Concello de Culleredo.
O Concello de Culleredo celebrará mañá xoves, 13 de outubro, o Día Internacional da Muller Rural. Trátase dunha data pensada para visibilizar o importante papel da muller no ámbito rural. A conmemoración consistirá nun encontro no que se combinará o debate coa formación. Será de 17.30 a 20.30 horas na reitoral de Celas.
O Concello de Culleredo será un dos 12 beneficiarios en Galicia das subvencións da Unión Europea para levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado (EDUSI). Así o publicou hoxe o Boletín Oficial do Estado o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, encargado da xestión en España.
O Concello de Culleredo celebrou a Xunta Local de Seguridade, órgano de coordinación entre as forzas de seguridade. Segundo os datos da Garda Civil, constatouse que a media de delincuencia se sitúa en Culleredo na media da provincia.
O Concello de Culleredo proporá ao pleno ordinario da corporación, que terá lugar o xoves 29 ás 20.30 horas, varios cambios en ordenanzas de cara ao exercicio 2017. Entre eles atoparase un tipo especial no imposto sobre vehículos de tracción mecánica (comunmente chamado imposto de circulación) para os de tipo eléctrico, tendo en conta os beneficios ambientais que supoñen.
O Concello de Culleredo lanza aulas de reforzo educativo para impartir clases de apoio aos alumnos do municipio tras a conclusión do horario lectivo e para preparar as probas libres da ESO. A inscrición está aberta ata o 30 de setembro.
O Concello de Culleredo prosegue co seu plan de actuacións de ampliación do servizo de saneamento no municipio. Nesta ocasión comezou unha obra de instalación de colectores no centro de Tarrío, completando así a rede de recollida de fecais.
O Concello de Culleredo xa executa o proxecto de mellora do pintado do polideportivo municipal do Burgo. A actuación cambiará por completo o aspecto da infraestrutura xa que se está creando un gran grafiti que decorará todo o exterior, tratando de combater o efecto das pintadas que continuamente se producían.
O Concello de Culleredo tramita as obras de dotación de iluminación LED na Zapateira, nas rúas Río Mandeo e Montespiño. A actuación sumarase á construción de beirarrúas e instalación de rede de pluviais xa realizada nestas dúas rúas, de elevado uso polos veciños da zona e polos dous colexios aos que dá servizo.
O paseo marítimo do Burgo será escenario mañá venres, día 16, e o sábado 17, do festival-romaría que organiza a agrupación Catalmibre Tradicional, en colaboración co Concello de Culleredo. Baixo a denominación de "Folk n Cros", trátase xa dunha proposta consolidada na comarca e que atraerá por centos de persoas ao municipio.
Os novos veciños de Culleredo procedentes doutros países terán á súa disposición unha formación específica para axudarlles no seu novo fogar. Unha iniciativa da ONG Mestura co Concello de Culleredo dará un curso de benvida aos inmigrantes recentemente chegados ou que se asentaron no municipio nos últimos anos.
Tras as obras de rehabilitación acometidas no soto e na planta baixa, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo volve estar plenamente operativo. As oficinas municipais e o rexistro auxiliar xa funcionan desde onte, ofrecendo atención ao cidadán no corazón da trama urbana.
O Concello de Culleredo informa de que se detectou un erro no folleto de actividades deportivas para o novo curso. Aínda que non figura, tamén se lanzou un grupo de ioga para o núcleo de Cordeda, con horario de 20.00 a 22.00 horas os martes.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER